Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.099 novas da área temática Vivenda:

07/08/2025 | 13:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Consorcio Casco Vello compra un solar na Praza do Peñasco para continuar coa rehabilitación da área do Berbés e a construción de nova vivenda pública

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, e a delegada territorial da Xunta e presidenta do CCVV, Ana Ortiz, visitaron a parcela situada xunto ao albergue de peregrinos

07/08/2025 | 11:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 660.000 euros a redacción do proxecto para construír 78 vivendas públicas en Agriños, no concello de Ames

Trátase da redacción de proxecto e dirección de obra para estas vivendas, que se construirán na parcela 1(S-15) da rúa Agriños cedida polo Concello, e cuxa execución suporá un investimento de máis de 14,8 M€

06/08/2025 | 13:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba a delimitación do ámbito na cidade de Pontevedra para desenvolver solo residencial para construír 2.040 vivendas en San Mauro

A Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de asinar a resolución que implica a declaración do interese autonómico da actuación que se levará a cabo

06/08/2025 | 13:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a urbanización do Polígono 2 de Navia en Vigo

O Goberno galego fai un investimento de 16,3 M€ nesta actuación

05/08/2025 | 14:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta dá por desistida a solicitude de zona tensionada do Concello de Santiago de Compostela ao non cumprimentar a documentación requirida

A resolución dá por desistida a solicitude ao non contestar adecuadamente o concello compostelán ao requirimento de emenda da documentación realizado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo

05/08/2025 | 13:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras dun segundo edificio de 24 vivendas públicas no barrio do Bertón en Ferrol

O investimento nesta actuación ascende a un total de 7M€, dos que un 83% son fondos propios da Xunta

05/08/2025 | 11:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
05/08/2025 | 11:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Xunta e concello de Chandrexa de Queixa colaboran na humanización dun espazo para a veciñanza en Celeiros e a construción dun edificio para uso recreativo, no que se investirán máis de 235.000 €

A humanización prevista permitirá habilitar un novo espazo para a veciñanza onde celebrar feiras, actividades de lecer e deporte, reunións e esparexemento para os usuarios da residencia de maiores

02/08/2025 | 13:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As axudas da Xunta posibilitan a rehabilitación de 8 vivendas de titularidade municipal en Rianxo para alugueiro accesible

M. Allegue salientou que o Goberno galego concedeu achegas que suman máis de 250.000 € para a rehabilitación dos 2 edificios que albergan estes fogares en Rianxo