Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.340 novas da área temática Comercio:

28/09/2025 | 14:37 | C. do Medio Rural

María José Gómez define a Feira de Artesanía e produtos da zona de Triacastela como escaparate do sector agroalimentario galego

A conselleira do Medio Rural foi a pregoeira da 13ª edición que se celebra hoxe na localidade lucense

28/09/2025 | 11:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta fomenta a remuda xeracional na xastrería, na ourivería e na sombreirería a través do programa ‘Aprender da tradición. Oficios e técnicas’

A Fundación Artesanía de Galicia abre a convocatoria para os tres primeiros cursos 2025-2026 deste programa pioneiro que busca mellorar a profesionalización das persoas artesás en activo e contribuír á remuda xeracional nos oficios tradicionais

27/09/2025 | 20:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia a pasarela de moda organizada polo Centro Comercial Aberto do Barco de Valdeorras

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe esta iniciativa que busca promover o comercio local, a moda e a cultura na vila ourensá no marco da axuda autonómica de 44.000 euros que recibiu este CCA

27/09/2025 | 11:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa en Chantada a creación artesanal contemporánea baseada na produción local e nos espazos rurais

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou na inauguración das xornadas ‘Entrelazar’, que se celebran ata o domingo en San Cristovo de Mouricios centradas no oficio da cestería e na relación entre material, territorio e artesanía

25/09/2025 | 12:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia ao centro comercial aberto Ferrol-A Magdalena no desenvolvemento da campaña de dinamización ‘Comercios que contan historias’

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá no Concello de Ferrol na presentación desta iniciativa que se levará a cabo os días 3 e 4 de outubro no barrio da Magdalena

22/09/2025 | 14:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta entrega en Rábade os premios da 6ª campaña da iniciativa ‘Merca no teu comercio’ en Lugo

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe no acto no que se repartiron 20 tarxetas prepago de 50 euros entre as persoas participantes