Actualidade
Buscador de novas
A Xunta mellora a seguridade e accesibilidade de máis dun milleiro de paradas de autobús cun investimento de 35,5 M€
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou un destes puntos no concello de Arteixo
A Xunta analiza cos axentes sociais o “Plan de Seguridade Viaria de Galicia. Visión Cero” 2022-2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, clausurou a xornada cos axentes sociais celebrada hoxe en San Caetano para analizar a marcha do plan, que persigue como horizonte a eliminación de falecidos e feridos graves provocados polos accidentes de tráfico para o ano 2050
A Xunta financia a adquisición dunha furgoneta eléctrica para os servizos municipais do concello de Quintela de Leirado cunha achega de case 30.000€ do Fondo de Compensación Ambiental
Manuel Pardo destacou que o concello de Quintela de Leirado leva anos apostando pola optimización enerxética e a implantación de tecnoloxías eficientes e respectuosas co medio ambiente na súa atención aos veciños
A Xunta presenta en Valladolid a Plataforma Galega de Mobilidade 4.0 coa que se pretende acadar un transporte dixital e sostible
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, impartiu hoxe unha conferencia sobre esta ferramenta nunha xornada sobre Sistemas Intelixentes (ITS) organizada polo Foro de Novas Tecnoloxías do Transporte
A Xunta reforza as conexións entre O Barco de Valdeorras, Ourense e A Pobra de Trives
O delegado territorial anunciou que se incrementa a oferta vixente entre o Barco de Valdeorras con Ourense con dous novos servizos, tanto de ida como de volta; e dende o Barco de Valdeorras coa Pobra de Trives con outras dúas expedicións, tamén de ida e de volta
A Xunta participa a próxima semana en Valladolid nunha xornada sobre sistemas intelixentes de transporte
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, impartirá o mércores un relatorio sobre a Plataforma Galega de Mobilidade 4.0 como solución aos desafíos do Plan de Transporte Público de Galicia
A Xunta facilita o servizo de transporte adaptado ao alumnado da Asociación Autismo Ourense
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, formalizou hoxe o acordo para cubrir os desprazamentos ao Centro de Educación Especial Ilustre Mestre e aos tratamentos que coincidan en horario lectivo
Rueda reclama a Pedro Sánchez avances nas infraestruturas de transporte, financiamento para proxectos industriais e traspaso de competencias
Reclama que se convoque canto antes a Comisión Mixta de Transferencias para que o Estado traspase o persoal e medios materiais necesarios para a xestión do litoral
A Xunta pon en marcha servizos especiais de autobús con motivo da romaría da Saínza
Haberá dúas frecuencias en cada sentido polas noites entre Xinzo de Limia e A Saínza cunha duración duns 15 minutos