Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.828 novas da área temática Economía:

20/08/2025 | 11:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa con formación a dixitalización das Cooperativas e Entidades de Economía Social en colaboración con Galicia Business School

Ambas entidades lanzan por primeira vez o Programa Generación Digital Pymes: Cooperativas e Economía Social, que comezará en novembro e ofrecerá formación gratuíta e mentorización dos plans de transformación dixital

19/08/2025 | 11:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove a actividade de 19 clústeres galegos como impulsores da innovación, a competitividade e o desenvolvemento sostible

A resolución publicada no DOG canaliza preto de 2 M€ en axudas a agrupacións empresariais innovadoras que lideran proxectos en sectores estratéxicos e emerxentes como a automoción, a acuicultura, a saúde ou a economía circular

14/08/2025 | 12:19 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa un novo programa de axudas que suma 1,5 M€ para reforzar a ciberseguridade das empresas galegas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a convocatoria dunha liña que permitirá cubrir ata o 75 % do custo de servizos especializados prestados por entidades homologadas

14/08/2025 | 10:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsou máis de 160 accións de formación e para promover alianzas en prol da actividade emprendedora no primeiro semestre deste ano

Con estas actuacións, realizadas a través da Rede de polos de emprendemento, o Goberno galego busca promover fórmulas de emprendemento social e autónomo que contribúan a xerar emprego de calidade e a fixar emprego no rural

12/08/2025 | 11:48 | C. de Economía e Industria

Lorenzana lembra que as empresas poden solicitar ata o 30 de setembro as axudas 'Galicia Exporta' destinadas a impulsar a internacionalización

A conselleira de Economía e Industria visitou as instalacións do Grupo Internaco, beneficiario deste programa

10/08/2025 | 16:16 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o sector vitivinícola como “marca de identidade” da Galicia Calidade

Subliña o traballo das denominacións de orixe para “poñer en valor os viños de cada zona” e salienta o auxe do enoturismo na Comunidade

05/08/2025 | 15:25 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o potencial de Ordes para a dinamización empresarial e a captación de investimentos

Subliña o compromiso da Xunta co desenvolvemento de solo industrial, un piar “fundamental para xerar riqueza” e pon en valor a situación estratéxica do municipio

04/08/2025 | 15:48 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a Xunta permite a tramitación dos dous primeiros parques eólicos que xerarán beneficios sociais e económicos no territorio por importe de máis de 15 M€ tras a aprobación da Lei de recursos naturais

Os parques Greco e Baro subministrarán enerxía a prezo competitivo á planta de produción de silicio metálico do Grupo Ferroatlántica en Sabón (A Coruña)

04/08/2025 | 11:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 2 millóns de euros a facilitar o financiamento para a compra de uva polas adegas galegas

O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria das axudas dirixidas ás adegas acollidas ás Denominacións de Orixe (DO) e Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP), para subvencionar xuros e gastos financeiros da campaña 2025