Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 888 novas da área temática Emerxencias e interior:

31/10/2024 | 11:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo entrega a medalla ao mérito de Protección Civil ao membro da agrupación de Arteixo, José Manuel López

A delegada da Xunta na Coruña resaltou a importancia de Protección Civil para o benestar e seguridade de todos os galegos

31/10/2024 | 10:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca o curso ‘Violencia de xénero no ámbito dixital’ dirixido ao persoal dos servizos de seguridade pública

A través da Academia Galega de Seguridade Pública impartiranse en decembro catro edicións en liña, con 25 prazas e 15 horas de duración cada unha delas

30/10/2024 | 11:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta enxalza o labor da Policía Autonómica e reclama a cobertura de todas as prazas para garantir a seguridade cidadá

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou as novas instalacións da UPA en Vigo

29/10/2024 | 14:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A AGASP será sede en 2025 do encontro de responsables de entidades autonómicas de seguridade pública

Responsables do Instituto de Seguridade Pública das Illas Baleares visitaron as instalacións da academia e compartiron unha xuntanza de traballo sobre os procesos de selección unitarios levados a cabo no recinto da Estrada e a formación impartida a forzas e corpos de seguridade e servizos de emerxencias

28/10/2024 | 10:51 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 46 persoas por 40 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 25 de outubro ata as 23,59 horas do domingo, 27 de outubro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 58 chamadas por accidentes de tráfico

28/10/2024 | 10:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta publica o novo Plan especial de protección civil ante o risco de inundacións en Galicia

O documento inclúe unha revisión de riscos, adáptase á nova normativa básica de Protección Civil e actualiza datos das redes de alerta

26/10/2024 | 11:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a dedicación altruísta do voluntariado de Protección Civil para garantir a seguridade cidadá

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou en Palas de Rei na VIII Xornadas provinciais de Protección Civil

24/10/2024 | 13:17 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta iniciará a ampliación do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra para converterse en centro de alto rendemento

Diego Calvo destacou que se darán os primeiros pasos para manter a excelencia do deporte de alto nivel con cifra récord de deportistas recoñecidos actualmente

23/10/2024 | 11:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reafirma o seu compromiso cos servizos de emerxencias locais nos novos convenios para o mantemento dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais

A directora xeral de Administración Local e o director xeral de Emerxencias e Interior reuníronse con representantes da Fegamp e das catro deputacións provinciais para abordar a renovación dos acordos