Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.452 novas da área temática Agricultura e gandería:

26/01/2026 | 17:37 | C. do Medio Rural

A comisión sobre a PAC do Consello Agrario remata o documento de consenso para a súa aprobación polo pleno deste órgano colexiado

Os directores xerais de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias e da PAC e do Control da Cadea Alimentaria participaron na primeira reunión da comisión, que ultimou o documento conxunto co posicionamento de Galicia

26/01/2026 | 15:45 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

A Xunta porá en marcha un Observatorio de prezos, un plan de control específico e impulsará a promoción e exportacións dos produtos galegos ante o acordo UE-Mercosur

Rueda salienta que forman parte dun amplo paquete de medidas a activar no curto e medio prazo “co obxectivo de dar certezas e estabilidade ao sector agrícola”

24/01/2026 | 14:38 | C. do Medio Rural

María José Gómez pon en valor as políticas a prol da remuda xeracional, que se reforzarán neste 2026

A conselleira do Medio Rural participou hoxe na xornada RuralMente co sector primario, organizada polo Concello da Estrada

24/01/2026 | 12:46 | C. do Medio Rural

María José Gómez reafirma a aposta pola calidade na produción de aceite e polos cultivos emerxentes

A conselleira do Medio Rural inaugurou a xornada informativa sobre a elaboración de aceite de oliva virxe extra de calidade en Galicia que se desenvolve na casa da Cultura de Quiroga

23/01/2026 | 19:22 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o potencial das achegas para investimentos non agrícolas como ferramenta de dinamización do tecido socioeconómico do rural

A conselleira do Medio Rural visitou hoxe as instalacións de Lualco, unha empresa lucense dedicada á transformación e comercialización de produtos cárnicos beneficiaria desta liña

22/01/2026 | 13:46 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca a aposta da Xunta por reforzar a remuda xeracional no agro

A conselleira do Medio Rural visitou hoxe unha explotación avícola en Monterroso impulsada por mozos incorporados ao campo a través das achegas do Goberno galego

21/01/2026 | 19:33 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca en Fitur a importancia do turismo e a gastronomía como dinamizadores do rural

A conselleira participou en varias presentacións e eventos de promoción desta riqueza, que enmarcou dentro de Galicia Calidade como “compromiso coa excelencia”