María José Gómez enxalza a calidade da carne galega na xuntanza anual de Asogacarne
2026-01-23
/documents/35297/2005356/260123_Asogacarne_x-1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2026
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asistiu á xuntanza anual da Asociación Galega da Carne (Asogacarne) que tivo lugar este mediodía en Santiago de Compostela. Neste contexto, enxalzou a calidade da carne que se produce en Galicia que é, ademais, unha das comunidades máis importantes na produción de carne a nivel nacional.
Neste sentido, lembrou que Galicia conta con ata tres distintivos de calidade diferenciada neste eido -as Indicacións Xeográficas Protexidas Ternera Gallega, Lacón Gallego e Vaca Gallega-Buey Gallego-, cun valor económico anual estimado de 176.617.000 euros.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 23/01/2026