Actualidade
Buscador de novas
Gómez Caamaño destaca a convocatoria de 5.550 prazas de distintas categorías do Servizo Galego de Saúde co fin de reforzar os cadros de persoal e reducir a temporalidade
En marzo, o Servizo Galego de Saúde convocará, polo sistema de concurso de méritos, máis de 100 prazas de facultativo para postos de difícil cobertura
A Xunta avoga por dar máis visibilidade e recoñecemento ao traballo académico e profesional das mulleres
María Quintiana destaca a importancia de programas como Galicia Investiga Igualdade para impulsar a investigación con perspectiva de xénero
Manuel Pardo pon en valor o esforzo da Xunta a prol da prevención, autoprotección e resposta ante situacións de emerxencias
O delegado territorial da Xunta destacou o traballo levado a cabo desde a Xunta no que se refire ao desenvolvemento da planificación das respostas ante situacións de emerxencias, o fomento da autoprotección e a dotación de medios de intervención aos servizos de emerxencias; así como o labor do ISSGA
A Xunta axudou a impulsar catro negocios liderados por mulleres en Sarria o ano pasado con 40.000 euros de axudas do programa Emega
O delegado territorial, Javier Arias, explica que o obxectivo é impulsar o liderado feminino no eido laboral, con especial apoio ao emprendemento no rural, a iniciativas en sectores masculinizados e ás traballadoras maiores de 55 anos
A Xunta reforza o seu apoio á inserción laboral de persoas de colectivos prioritarios co programa Galicia Suma Talento: Emprégate
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá E. Riego, unha das empresas da zona que se beneficiaron o pasado ano desta convocatoria da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Galicia urxe a acelerar o traspaso de competencias das autorizacións iniciais de traballo para potenciar o modelo propio de atracción de talento
José González resaltou que será unha ferramenta clave para impulsar o plan de atracción de talento exterior do Goberno galego e tamén para poder exercitar con plenitude as políticas activas de emprego en relación ás persoas migrantes en Galicia
A Xunta presenta en Asturias a súa estratexia de apoio á artesanía de Galicia con motivo do 8 de marzo
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, participou hoxe na xornada Raíz e oficio. Mulleres artesás no rural que se celebra en Mieres (Asturias), na que falou do proxecto Enredadas como exemplo de boas prácticas replicable noutros colectivos de artesás