Actualidade
Buscador de novas
Román Rodríguez sinala a lei de educación dixital como necesaria para establecer regras ante os novos desafíos e aproveitar tamén as súas oportunidades
Explica que se trata dunha ocasión para favorecer a mellora da calidade e a igualdade de oportunidades, así como para afrontar os retos que supón a intelixencia artificial e as novas tecnoloxías no ensino, onde non estaban regulados os seus usos
Turismo de Galicia apoia a declaración das San Lucas de Mondoñedo como Festa de Interese Turístico Nacional
A celebración, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia en 1998, conta con máis de oito séculos de historia e mantén o cabalo e a tradición feiral como elementos centrais
A Xunta dá luz verde ambiental con condicións á instalación dun campamento turístico en Portomarín
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que o proxecto teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
Medio Rural salienta a importancia da investigación e da innovación para favorecer a rendibilidade das explotacións agrogandeiras
A conselleira María José Gómez participou hoxe na inauguración de Agrovalor2026, organizada pola Universidade de Santiago de Compostela, que se centra na valorización dos residuos e o desenvolvemento territorial para unha agricultura circular
A Xunta impulsa a adaptación do dereito civil galego ás novas realidades sociais e familiares
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, salienta en Zaragoza a necesidade de actualizar o dereito sucesorio ás actuais estruturas sociais e á contorna virtual
Rueda activa a conta atrás para o Xacobeo 2027 coa instalación dun cronómetro na Oficina de Acollida ao Peregrino de Santiago
O dispositivo permitirá consultar as xornadas que quedan para o vindeiro Ano Santo desde hoxe, cando faltan 100 días
Máis de 16.200 galegos e galegas figuran como inscritos no rexistro de doantes de medula ósea
Entre o 1 de xaneiro e o 15 de setembro deste ano, 455 cidadáns incorporáronse ao REDMO
A Xunta destaca os preto de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Mondoñedo e os apoios dispoñibles para as persoas traballadoras autónomas
A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social participaron na vila mindoniense na ‘Xornada divulgativa para persoas traballadoras autónomas e emprendedoras’ impulsada por APE Galicia
A Xunta destaca no Castro de Caldelas a capacidade da campaña ‘Merca no teu comercio’ para impulsar o consumo de proximidade no rural
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta tarde na entrega de premios nesta localidade ourensá ao abeiro da iniciativa, que se encadra na colaboración do Goberno galego coa Federación Galega de Comercio