Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.351 novas da área temática Cultura:

21/04/2026 | 14:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Centro Coreográfico Galego e a compañía Artístika estrean en Vimianzo a coprodución 'Saias do mar'

A peza foi seleccionada na modalidade específica para artistas emerxentes na última convocatoria da Xunta para coproducións de danza

20/04/2026 | 13:27 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García destaca “a implicación da veciñanza na conservación dun tesouro como é a toponimia”

Durante este 2026 levaranse a cabo charlas en 12 novos concellos para impulsar a colaboración cidadá na recollida de microtopónimos

19/04/2026 | 10:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta incrementa ata 75.000 euros a achega para apoiar certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado

A convocatoria da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude está destinada a colaborar nos custos da organización de festivais, feiras ou ciclos de entidades sen fin de lucro

18/04/2026 | 13:31 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta aborda vías de colaboración para promocionar a cultura galega en Portugal

Galicia estará presente en ‘Babell’, o evento literario e cultural que se celebrará o vindeiro mes de xuño na cidade portuguesa de Porto

18/04/2026 | 11:18 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Ángel Miramontes pon en valor a candidatura da Ribeira Sacra “como motor dun territorio máis vivo”

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta o investimento de preto de 8 M€ nos bens culturais da zona desde o inicio do proceso

17/04/2026 | 20:16 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo celebra a “xusta revalorización” da figura e a obra do fotógrafo José Suárez, homenaxeado co Día das Artes Galegas deste ano

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destaca “a súa ollada vangardista para retratar Galicia ás marxes de clixés creando imaxes icónicas”

17/04/2026 | 17:53 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta impulsa proxectos escénicos conxuntos entre o Centro Dramático Galego e o Teatro Nacional São João durante catro anos

López Campos eríxeo como “alianza estratéxica” e sitúao como un “gran avance na política de internacionalización da cultura galega”

17/04/2026 | 13:55 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia o novo ciclo ‘O Son dos Arrieiros’ con 11 concertos en salas de Galicia entre maio e novembro

As actuacións desenvolveranse en Viveiro, Santiago de Compostela, Vilanova de Arousa, Pontedeume, Boiro e Cambados cos directos de Tona, Grande Amore, Dani Cornes, Santi Araújo, Cora Yako, Familia Caamagno, Pava, Estrogenuinas, Agoraphobia, Bala e Copos de Avena

16/04/2026 | 16:10 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos salienta a calidade da programación cultural do lecer nocturno en Galicia cunha maior profesionalizacion e aposta pola innovación

O titular de Cultura da Xunta destaca o “forte peso” deste sector cun “importante impacto social, económico e turístico” na Comunidade