Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.013 novas da área temática Formación:

22/02/2025 | 11:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa as oportunidades laborais de preto de 2.000 persoas desempregadas con máis dun cento de obradoiros e programas de emprego xuvenil

Dentro destas iniciativas están o obradoiro dual de emprego O Porriño Humaniza e o programa de emprego para menores de 30 anos O Noso Encontro co Emprego, que contan cun apoio autonómico global de 850.000 euros e benefician a 36 persoas

22/02/2025 | 11:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 151.000 euros o desenvolvemento de 32 cursos gratuítos de condución segura abertos a 640 motoristas

Este contrato asinarase na segunda quincena de marzo e o obxectivo da Xunta é poder iniciar a primeira quenda de cursos antes do verán

21/02/2025 | 10:49 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra que as axudas ás unidades formativas en empresas para cualificar a persoas desempregadas se poden solicitar ata o 30 de setembro

Á convocatoria deste ano o Goberno galego destina 8 M€ cos que se estima cualificar máis de 2.500 persoas desempregadas a través da realización dunhas 200 accións formativas demandadas polo propio tecido produtivo

20/02/2025 | 19:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O alumnado da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo mostra a súa creatividade cun desfile de moda no Gaiás

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP asiste á ‘Gala Despunte’, onde se premian os mellores traballos dos estudantes

20/02/2025 | 17:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta felicita ao instituto de Foz polo seu concurso de baristas, referente na FP de Hostalaría

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, asiste ao certame, con participantes de Galicia, Andalucía, Asturias, Canarias, Cantabria, Castela e León, Murcia, Navarra, País Vasco e Portugal

18/02/2025 | 18:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e cortizo exploran novas vías de colaboración no eido da formación profesional

A directora xeral de FP visita as instalacións da empresa e preséntalles as posibilidades do sistema de acreditación de competencias para os traballadores

18/02/2025 | 17:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo celebra a súa ‘I International Week of Arts and Design’

A directora xeral de FP inaugura a iniciativa, que combina actividades formativas, expositivas e de promoción do alumnado, culminando coa Gala Despunte

18/02/2025 | 16:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta achega ao alumnado de Padrón a oferta formativa na I Feira de Orientación Académica e Profesional

A directora xeral de FP visita esta nova xornada organizada polo Instituto Macías O Namorado da vila na que participan 18 entidades educativas

17/02/2025 | 17:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina 8 M€ a financiar cursos que demandan as empresas en función das súas necesidades e con compromiso de contratación

O delegado territorial, Javier Arias, visitou en Vilalba o centro Forma-T, que o ano pasado impartiu seis cursos nos que 83 persoas desempregadas melloraron a súa capacitación nos ámbitos da biomasa forestal e dos parques eólicos

17/02/2025 | 14:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Plan FPGal360 dá a coñecer ao alumnado a realidade de empresas punteiras como a biotecnolóxica Zendal

A directora xeral de FP visita xunto con estudantes de centros de Redondela e Pontevedra esta compañía con sede no Porriño que colabora nas prácticas de FP