Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 683 novas da área temática Exterior:

04/09/2024 | 12:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta reafirma o seu compromiso cos traballadores autónomos e as persoas estranxeiras que queren emprender en Galicia

José González destacou a contribución dos traballadores por conta propia a un mercado laboral que en agosto sumou case 15.000 novas afiliacións na comparativa interanual e obtivo a mellor cifra de paro nun mes de agosto dos últimos 28 anos

04/09/2024 | 11:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta publica a concesión das 250 Bolsas BEME para galegos do exterior que realizarán este curso un mestrado nunha das tres universidades públicas

Segundo o publicado hoxe no DOG, a Arxentina, Venezuela, O Uruguai, O Brasil e O Reino Unido son os países cun maior número de persoas beneficiarias, das que 113 cursarán os seus estudos na Universidade de Santiago, 84 na de Vigo e 53 na da Coruña

02/09/2024 | 10:27 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta comeza o proxecto para crear un centro de recepción de peregrinos náuticos da Ruta Traslatio en Vilagarcía de Arousa

Vense de abrir o proceso de licitación para a demolIción, rehabilitación integral e urbanización por máis de 800.000 euros

31/08/2024 | 10:41 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta facilita a unha trintena de profesionais a asistencia de actividades do sector do libro

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de resolver a súa liña de axudas para que persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras poidan participar en citas nacionais e internacionais

30/08/2024 | 11:58 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A danza contemporánea galega desembarca na Tanzmesse de Düsseldorf co apoio da Xunta

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude coordina a primeira delegación galega no maior encontro internacional do sector, en aplicación do Plan Integral para a Danza de Galicia no relativo ao impulso da proxección exterior das nosas compañías

28/08/2024 | 11:43 | C. de Economía e Industria

Preto dun cento de mozos e mozas optan ás 50 prazas do programa de bolseiros de internacionalización da Xunta para facilitar ás pemes galegas a saída a novos mercados

O Goberno galego destina 3M€ a unha convocatoria dirixida a estudantes con titulacións universitarias de grao superior, que agora poderán formarse en diferentes destinos mundiais mellorando a súa empregabilidade

23/08/2024 | 11:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa o convenio con Farmamundi para atender as necesidades básicas da poboación desprazada en Ucraína

Contribúese ao funcionamento de aloxamento temporal co aprovisionamento de alimentos, artigos de hixiene e outros materiais básicos

18/08/2024 | 10:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aproba as axudas para máis dunha trintena de proxectos de cooperación exterior por case 6 M€

O Goberno galego vén de publicar a resolución coas axudas a 28 iniciativas de organizacións non gobernamentais e outros catro proxectos doutros axentes

16/08/2024 | 13:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza a súa aposta pola internacionalización ampliando o orzamento do programa Galicia Exporta Organismos Intermedios

A liña, que busca incentivar accións de promoción exterior, ven incrementado o orzamento en preto de 300.000 euros chegando case a 1,6M€

13/08/2024 | 12:41 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural impulsa a promoción do viño galego fóra da Unión Europea cun orzamento de 1,7 millóns de euros

Hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de 2025 das axudas destinadas a este obxectivo