Actualidade
Buscador de novas
Rueda destaca o labor de preservación cultural na entrega dos Premios Cidades Patrimonio 2024
Puxo en valor os fitos galegos en materia de recoñecemento patrimonial, incluíndo a declaración de máis de 700 BIC e 5 Patrimonios Mundiais da Humanidade
A Xunta concede 250.000 euros en axudas para o establecemento de persoas agricultoras menores de 40 anos en varios municipios do Ortegal
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá en Ortigueira a explotación de Francisca Santana, unha das seis beneficiarias da zona desta orde de subvencións da Consellería do Medio Rural
Rueda destaca os avances nas obras do Castelo de Monterrei e reivindica o seu papel como polo de atracción turístico e cultural
Trátase dunha das intervencións máis ambiciosas en marcha, con 14 millóns de euros de orzamento que proveñen dos Fondos Next Generation, e que abrangue máis de 20.000m2
A Xunta remata o investimento de máis de un millón de euros no acondicionamento da N-551, na contorna do Polígono de Areas
Os traballos permitiron mellorar a drenaxe dunha canle entre a A-55 e o ramal de enlace coa N-551; eliminaron un carril en desuso; reordenaron o aparcadoiro; e melloraron os vaos peonís
Belén do Campo anuncia a licitación das obras de reforzo de firme na estrada AC-419 nos concellos de Malpica e Ponteceso por case 950.000€
Esta actuación forma parte dun contrato máis amplo, de acondicionamento do firme nun total de 4 estradas autonómicas que pasan tamén polos municipios de Vimianzo, Camariñas, Santa Comba, Mazaricos, Zas e Dumbría, cun investimento de case 3M€
Belén do Campo destaca o investimento de preto de 140.000 euros na mellora de infraestruturas rurais de Outes
A delegada da Xunta avaliou co alcalde as aportacións da Xunta que serven para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas
A Xunta reafirma o compromiso estratéxico co fortalecemento do emprego autónomo e o impulso do emprendemento ligado ao territorio
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, compareceu esta mañá na Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos para dar conta das liñas de axudas implantas a prol deste colectivo prioritario
A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística abre as súas portas aos alumnos do IES Plurilingüe de Ames para incentivar a concienciación sobre o coidado do territorio
Un total de 32 alumnos de 1º de bacharelato participaron esta mañá desta actividade, cuxo obxectivo principal é sensibilizar, divulgar e formar aos participantes en relación ao medio e a intervención e ordenación do territorio