Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.024 novas da C. de Economía e Industria:

05/04/2024 | 14:52 | C. de Economía e Industria

Lorenzana resalta a compañía Gabadi como exemplo da capacidade da industria auxiliar do naval galego

A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, destaca a aposta pola innovación e a internacionalización da empresa naronesa, que cumpre 35 anos de actividade

05/04/2024 | 14:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza o seu apoio ao crecemento e internacionalización de empresas do sector aeroespacial cunha nova convocatoria do itinerario de consolidación da Business Factory Aero

O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 14 de maio ás 14:00 horas a través da web www.bfaero.es 

05/04/2024 | 13:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por que administracións, empresas e cidadanía realicen un esforzo conxunto para avanzar cara a unha economía circular

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, e o director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, participaron esta mañá na II Xornada de Economía Circular

04/04/2024 | 13:44 | C. de Economía e Industria

Lorenzana subliña que a Xunta vixiará de cerca que Alcoa cumpra o acordo asinado e ofrece o apoio da administración autonómica na busca dun comprador

Explica que, tanto por parte da Xunta como do Executivo central, o que se pediu foi “concreción” nos prazos do proceso de compravenda

04/04/2024 | 13:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor a importancia do programa Reacciona para seguir impulsando a competitividade das pemes de Ourense

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou na inauguración do obradoiro organizado xunto á Confederación Empresarial de Ourense para dar a coñecer este programa ao tecido empresarial

03/04/2024 | 15:01 | C. de Economía e Industria

Lorenzana ve en Torres Golán e TMC Cancela dous exemplos do esforzo do tecido empresarial galego por innovar e internacionalizarse

A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, visitou esta mañá en Tordoia estas dúas compañías

03/04/2024 | 12:03 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade certifica xa os produtos da empresa de Silleda Avipor

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, entregou aos responsables da compañía especializada nos sectores porcino e avícola a certificación e a nova sinalización que identifica ás empresas adheridas ao selo de garantía da Xunta

02/04/2024 | 15:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a contribución da empresa Eurored á sustentabilidade do sector pesqueiro e acuícola

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitaron a compañía en Redondela

02/04/2024 | 15:40 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta o labor do Centro Comercial Aberto de Boiro na potenciación do sector

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou hoxe na presentación do novo catálogo de premios do sistema de fidelización co que a asociación potencia as compras na localidade coruñesa

30/03/2024 | 10:01 | C. de Economía e Industria

Máis de 60 obradoiros celebran os Días Europeos da Artesanía achegando os seus oficios á sociedade

A Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, coordina o programa na Comunidade e colabora con diferentes actividades nas catro provincias, entre as que se inclúen demostracións en vivo, visitas guiadas, talleres e xornadas de portas abertas