Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 723 novas da área temática Cooperación:

31/07/2026 | 18:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Mar

A Xunta impulsa a remodelación integral do Mercado de Abastos de Viveiro cun investimento de 500.000€

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que se modernizarán as instalacións, reorganizando espazos e potenciando a área de comercialización de peixe e marisco

30/07/2026 | 10:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta regula a participación dos propietarios do solo no desenvolvemento do Proxecto de Interese Autonómico de San Mauro, en Pontevedra

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se regula dita participación

30/07/2026 | 09:35 | C. de Sanidade

O concello da Estrada participa na campaña estival ‘Un alento de vida’ da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue

O municipio pontevedrés acadou no 2025 un índice de 63 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano

30/07/2026 | 08:58 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08,30 h. de hoxe

Controlado o incendio forestal do concello coruñés de Monfero, parroquia do Alto de Xestoso, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 30 hectáreas, parte delas no municipio lucense de Guitiriz

29/07/2026 | 13:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o investimento de preto de 745.000 euros para a reforma e ampliación do centro de recollida e albergue de animais domésticos de Lugo

Ángeles Vázquez explica que as actuacións, que financian a partes iguais a Consellería, o Concello de Lugo e a Deputación Provincial permitirán garantir unhas condicións óptimas para a recollida, acollida e atención dos animais abandonados ou extraviados

28/07/2026 | 13:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia o concello de Ribadavia cunha achega de 1,1 M€ para a reforma e modernización da praza de abastos e a obtención do selo de Mercado Excelente

José González remarcou a importancia da cooperación entre administracións neste convenio tripartito no que a Xunta asume o 70 % do investimento, a Deputación de Ourense o 20 % e o Concello o 10 % restante

28/07/2026 | 11:45 | C. do Medio Rural

Regresan a Galicia os efectivos da Xunta desprazados aos incendios de Castela e León

O risco de lumes en Galicia cambiou, polo que cómpre ter todo o dispositivo despregado sobre o terreo e en estado de máxima alerta

28/07/2026 | 10:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta publica a convocatoria das axudas a proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global a executar polas ONGD

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe as liñas de subvencións para iniciativas que impulsen o desenvolvemento social, cun orzamento de 720.000 €

28/07/2026 | 09:06 | C. de Sanidade

‘Un alento de vida’ convida á veciñanza de Narón a doar sangue este verán

O municipio coruñés acadou no 2025 un total de 840 doazóns de sangue