Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 631 novas da área temática Patrimonio:

29/07/2026 | 12:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e o Consello da Cultura impulsan o coñecemento do patrimonio paisaxístico e cultural a través dun novo proxecto dixital educativo

Vai dirixido a alumnos e docentes dos centros educativos de Galicia, reforzando a presenza da lingua e cultura galegas no ensino

28/07/2026 | 15:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina 50.000 euros á restauración de elementos patrimoniais na aldea de Requeixo, en Chandrexa de Queixa, dentro da Rede natura 2000

Ángeles Vázquez salienta que esta preservación de elementos tradicionais favorece tamén un uso sostible do territorio e reforza tanto o atractivo turístico do concello como a calidade de vida da veciñanza ao recuperar espazos públicos de esparexemento

27/07/2026 | 14:47 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta destaca o “escenario favorable” para a Ribeira Sacra tras a decisión da Unesco de darlle un ano máis de prazo para facer axustes na candidatura

“Mantén o proxecto máis vivo ca nunca”, asegura López Campos, quen salienta que se rexeitase o informe de Icomos que emprazaba á retirada do mesmo e se chegase ao acordo excepcional de crear unha misión especial de apoio

26/07/2026 | 10:12 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta exporá de xeito permanente a ‘Santa’ de Asorey en Galicia

A emblemática escultura é trasladada desde O Uruguai, coincidindo co centenario da súa creación en 1926 

25/07/2026 | 13:24 | Axencia de Turismo de Galicia

Belén do Campo destaca en Camariñas o valor de “O Encaixe no Camiño” para divulgar o patrimonio histórico, cultural e artesanal de Galicia

A delegada da Xunta na Coruña, participou hoxe na inauguración da novena edición de “O Encaixe no Camiño 2026”.

24/07/2026 | 12:37 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta ofrece a Vigo a cesión gratuíta do inmoble da antiga estación de autobuses

O Goberno galego ábrese a tramitar o expediente de cesión nas condicións actuais, incluíndo a parcela e os seus accesos

23/07/2026 | 17:11 | C. do Medio Rural; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Medio Rural pon ás persoas no centro do valor patrimonial da Ribeira Sacra xunto coa paisaxe, a historia e o viño

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, apostou por un territorio que “ten que estar vivo” na apertura do Foro Territorios Patrimonio en Sober

23/07/2026 | 14:41 | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Rueda amosa o compromiso da Xunta coa conservación e difusión do patrimonio arqueolóxico subacuático das costas galegas

Tendo en conta os valores históricos e a ameaza da súa desaparición, o Goberno galego levará a cabo en setembro unha intervención para documentar o pecio de Punta Restelos, en Fisterra, e rescatar pezas mobles

22/07/2026 | 21:34 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o libro ‘Miradas do Camiño’ de Manuel Quintana Martelo como obra clave para achegarse aos sentimentos dos peregrinos na ruta xacobea

Salienta o carácter intimista á vez que universal desta publicación que recompila acuarelas do autor, baseadas na súa propia experiencia camiñando cara a Santiago