Actualidade
Buscador de novas
A Comisión Mixta de Xustiza aborda o avance na implantación da III fase da lei de eficiencia xudicial en Galicia nas cidades
No encontro estudáronse as actuacións finalizadas e as previstas, coa estimación de rematar a principios de febreiro a habilitación dos permisos tecnolóxicos do persoal funcionario para, posteriormente, proceder á súa reubicación nos espazos físicos definitivos
A Xunta afea ao Goberno central a súa deslealdade ao anunciar novas prazas xudiciais sen consultar á comunidade e considera que son insuficientes para Galicia
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, critica que, das 500 prazas anunciadas para reforzar tribunais de instancia e outros órganos como as audiencias provinciais, só 19 se destinen á comunidade
A Xunta cumpre cos prazos para culminar a próxima semana a terceira e última fase de implantación da nova oficina xudicial
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou hoxe por videoconferencia no pleno da Conferencia Sectorial da Administración de Xustiza, onde lembrou que o Goberno galego xa rematou o proceso de acoplamento de persoal e xa se está a organizar a súa reubicación
A Xunta renova a Sede Xudicial Electrónica e o portal de Xustiza cun novo deseño, máis trámites dispoñibles para a cidadanía e novas prestacións para os profesionais
A sede xudicial electrónica permite agora presentar reclamacións a compañías aéreas, solicitar medidas de apoio a persoas con discapacidade ou acceder ao expediente xudicial no que se é parte
Manuel Pardo supervisa o estado das obras de mellora de enerxética no edificio xudicial do Carballiño, ás que a Xunta destina máis de 545.000€
O delegado territorial explicou que esta intervención da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, cofinanciada con Fondos Feder, ten como obxectivo reducir o consumo eléctrico asociado ao uso das instalacións e así loitar contra o cambio climático
A Xunta acometerá o próximo ano obras de mellora da eficiencia enerxética nos xulgados de Monforte, cun investimento de 1 M€
O delegado territorial, Javier Arias, explica que cinco empresas presentaron as súas ofertas no proceso de licitación iniciado o 11 de novembro
A Xunta destina máis de 33.000 euros á prestación do servizo de interpretación de signos na Administración de Xustiza
A Plataforma de Contratos públicos de Galicia publica hoxe a licitación do contrato para a súa execución nos próximos dous anos