Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor o labor dos guías do Parque Nacional para a protección do patrimonio natural e o desenvolvemento sostible de Galicia
Ángeles Vázquez destaca que, cos máis de 65 guías acreditados nesta edición, son xa máis de 1.200 os formados neste espazo protexido nos últimos 20 anos, cun papel fundamental na difusión dos valores naturais dos catro arquipélagos
A Xunta abre mañá o prazo de solicitudes para pescar lamprea no río Tea durante a vindeira tempada
O Diario Oficial de Galicia publica a orde que regula a pesca desta especie e fixa as condicións para participar no sorteo de postos, que se celebrará o 16 de xaneiro
A Xunta abre mañá o prazo de solicitudes para pescar lamprea no río Ulla durante a vindeira tempada
O Diario Oficial de Galicia publica a orde pola que se regula esta práctica e se fixan os trámites, requisitos e condicións que deben cumprir os pescadores interesados
Belén do Campo inaugura en Cereixo o novo acceso ao Muíño de Mareas, unha actuación para poñer en valor esta contorna mariñeira co apoio da Xunta a través do GALP Costa da Morte
A delegada da Xunta destacou que esta actuación “pon en valor un enclave de alto interese natural, cultural e etnográfico, reforzando a relación de Cereixo co mar e contribuíndo á difusión da súa riqueza ambiental e histórica
Ángeles Vázquez anima a apostar este Nadal polas plantas de produción local como elemento decorativo
Explica que cada planta que se produce en Galicia contribúe á transformación verde da Comunidade a través dun modelo de consumo sostible e da redución de emisións de CO2 asociadas ao transporte de longas distancias
A Xunta pon en valor en Granada os traballos para activar o primeiro mercado voluntario de créditos de carbono de Galicia co fin de compensar emisións de CO2
Paula Uría lembra que o Executivo galego ten aberta unha consulta para focalizar os esforzos naquelas áreas cun maior potencial para desenvolver proxectos concretos de absorción ou de redución de emisións
A Xunta e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil acordan crear unha comisión técnica para coordinar actuacións tras os incendios deste verán
O obxectivo é planificar accións conxuntas para protexer os ríos desta bacía do impacto do lume para o cal na comisión haberá representantes das direccións xerais de Patrimonio Natural e de Defensa do Monte, de Augas, da CHMS e dos concellos
A Xunta garante o máximo rigor técnico na tramitación de todos os proxectos de biogás en Galicia
Ángeles Vázquez incide en que o despregamento deste tipo de plantas, desde o respecto ao medio ambiente e á saúde, supón unha oportunidade para a Comunidade, xa que o biogás e o biometano contribúen á economía circular e á transición enerxética
A Xunta dá luz verde ambiental ao proxecto de interese autonómico do Monte Mero na Coruña, coa previsión de urbanizar solo para máis de 4.000 vivendas
O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos na contorna e inclúe condicionantes co fin de analizar en profundidade cuestións como o ruído, a mobilidade na contorna ou as necesidades de abastecemento e saneamento
A Xunta estuda a retirada da barreira artificial da lagoa da Frouxeira de cara a facilitar o fluxo natural da auga e evitar inundacións
Ángeles Vázquez explica que a previsión é que antes de que remate este ano estea listo o estudio que avaliará as repercusións que tería na lagoa a retirada das pedras instaladas a modo de dique artificial