Actualidade
Buscador de novas
A Xunta recibe 3 ofertas para executar a ampliación da capacidade e a mellora do funcionamento da depuradora de Sada, cun investimento de máis de 10,3 M€
As 3 ofertas presentadas para acometer estas obras están conformadas por UTE, sumando un total de 6 empresas
Trátase da contratación conxunta da redacción do proxecto e da execución das obras que permitirán atender as necesidades dunha poboación de 24.393 habitantes no ano horizonte 2044 e unha achega industrial de 6.070 habitantes equivalentes
Fernández-Tapias destaca a colaboración entre a Xunta e o Porto de Vigo para avanzar na humanización de Beiramar e “facer cidade en beneficio dos vigueses”
O Goberno galego investirá 2,5 millóns de euros na reforma do treito entre a rúa Coruña e Bouzas para crear unha senda peonil e ciclista
Augas de Galicia autoriza o vertido de augas residuais da mina de San Finx, en Lousame, supeditada ao cumprimento de 18 requisitos e á atención estrita das normas de calidade ambiental
A vixencia desta autorización é de cinco anos, prorrogables, sempre que se manteñan as características do vertido e as do medio receptor e se cumpran estritamente os requirimentos impostos
A autorización fixa o prazo de execución das obras nos sistemas de tratamento e evacuación das augas residuais industriais xeradas nas instalacións, que deberán estar finalizadas en catro meses e cumprir os condicionantes específicos na zona de policía
A Xunta finaliza a mellora na rede de abastecemento de auga potable ao núcleo de Názara, no concello de Cenlle, que supuxo un investimento de case 40.000 €
A nova tubaxe vai desde o cruzamento de Cenlle cara a Esposende e continúa pola estrada provincial OU-0302
A Xunta concede unha axuda de 12.500 € ao Concello de Muros para auditar a rede de saneamento co fin de detectar verteduras e infiltracións e mellorar calidade das augas da ría
Ethel Vázquez incide no interese da entidade local en mellorar a eficiencia do servizo de saneamento, identificando os problemas e evitando prexudicar a actividade marisqueira
A Xunta recibe 5 ofertas para a mellora do espazo fluvial do río Louro entre a estrada PO-548 e a liña do ferrocarril, en Valga, que suporá un investimento de case 355.000 €
A actuación conta cun prazo de execución de 3 meses e ten como obxectivo minimizar o risco de inundación nesta zona onde a presión sobre a canle se ve aumentada con edificacións e áreas de cultivo que deixan pouco espazo ao río
A Xunta lanza unha nova convocatoria de axudas para a mellora do servizo e da calidade da auga das traídas veciñais cun investimento de 500.000 euros
Serán subvencionables os investimentos realizados desde o 1 de xaneiro destinados á mellora do estado das instalacións de captación, potabilización e almacenamento nas traídas xestionadas polas comunidades de usuarios
A Xunta concede axudas por importe de 300.000 € a 22 concellos para auditar as súas redes de saneamento co fin de erradicar filtracións e vertidos e preservar a calidade da auga
Trátase da primeira liña de incentivos dirixida ás entidades locais de ata 50.000 habitantes polas que se subvenciona o 80% do investimento, cun límite máximo de 15.000 €
A Xunta recibe 8 ofertas para executar a 2ª fase da mellora do abastecemento de Outeiro de Rei, que suporá un investimento de máis de 160.000 €
Instalarase un ramal que conectará coa rede actual na zona empresarial, pasando baixo a A-6
A Xunta empraza ao Concello de Nigrán a incluír os mapas de risco de inundacións no PXOM e a dotarse dun plan fronte aos asolagamentos
A directora lémbralle ao Concello a obrigatoriedade de ter aprobado un plan de actuación municipal ante o risco de inundación co fin de conseguir a máxima protección para as persoas, bens e o medio ambiente