Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.339 novas da área temática Comercio:

29/07/2025 | 12:13 | C. do Mar

O Bono Peixe desperta gran interese no seu lanzamento e acumula máis de 700 establecementos adheridos e máis de 52.000 bonos descargados nas primeiras 24 horas

O gasto ata agora foi tímido ao ser luns e non haber peixe nas lonxas tras o descanso da frota na fin de semana polo que a previsión é que nos vindeiros días se intensifique a utilización destes bonos

28/07/2025 | 16:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa en Tui o foro profesional de artesanía e instrumentos musicais ‘Resonancias’ no marco do Festival Música no Claustro

O mércores 6 de agosto celebrarase a quinta edición desta xornada dedicada aos oficios artesanais vinculados á construción de instrumentos musicais, para a que xa están abertas as inscricións na páxina web da Fundación Artesanía de Galicia

27/07/2025 | 15:23 | C. de Economía e Industria

Lorenzana visita en Cambados a primeira estación de servizo da provincia de Pontevedra na que xa se pode retirar diñeiro en efectivo

É a primeira da provincia en adherirse ao convenio de colaboración que asinaron a Xunta de Galicia, Abanca e a Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes)

27/07/2025 | 14:26 | C. de Economía e Industria
25/07/2025 | 10:54 | C. do Mar

Excelente inicio da campaña do polbo na que xa foron comercializadas preto de 290 toneladas nas lonxas galegas por valor de máis de 3,3 M€

As capturas medraron un 100 % respecto ao 2024 e un 122 % a facturación grazas a un prezo medio por quilo de 11,45 euros fronte aos 10,42 euros do pasado ano

24/07/2025 | 18:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca na Guarda a importancia de apoiar o comercio local a través de iniciativas como a campaña “Merca no teu comercio”

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na entrega de premios da campaña realizada en colaboración coa Federación Galega de Comercio

23/07/2025 | 20:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta o impacto da campaña ‘Merca no teu comercio’ para incentivar as compras de proximidade e dinamizar os negocios dos barrios e municipios rurais

O acto, no que se entregaron 20 tarxetas regalo de 50 euros para canxear nos establecementos adheridos, enmárcase na acción conxunta da Xunta e a Federación Galega de Comercio que se está a desenvolver nas catro provincias ata o 31 de outubro

23/07/2025 | 16:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebra en Quiroga o sorteo da campaña ‘Merca no teu comercio’ para apoiar o comercio local da contorna

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na entrega dos premios da campaña Merca no teu Comercio impulsada en colaboración coa Federación Galega de Comercio nos concellos de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil