Actualidade
Buscador de novas
Galicia será o epicentro do debate europeo sobre o futuro da ciencia oceánica e do mar coa celebración en Vigo da Conferencia EurOCEAN 2023
O evento celebrarase no auditorio Mar os días 10 e 11 de outubro e reunirá a comunidade científica, responsables políticos e administracións de todos os niveis, así como a representantes da industria e da sociedade para debater sobre os retos e oportunidades do ámbito do mar
A Xunta aforra un 70 % de enerxía no bombeo de augas residuais en sete portos pontevedreses grazas ao uso de equipamentos intelixentes e o control telemátic
Portos de Galicia ten en marcha un proxecto piloto de monitorización e seguimento en tempo real destas instalacións nos portos da Guarda, Baiona, Cangas, Tragove, Bueu, Vilanova de Arousa e O Xufre
A Xunta de Galicia subliña a complexidade da obra de dragaxe do porto de Laxe e a rigorosidade na súa tramitación polo alto valor ambiental da zona
Susana Lenguas explicou que os prazos de execución das obras están condicionados polos períodos temporais autorizados polo Goberno central e que a día de hoxe só están pendentes os traballos na zona do bordo do peirao e o contradique
A Xunta avanza no estudo para remodelar o acceso ao peirao comercial da Pobra do Caramiñal e ampliar a liña de atracada
Susana Lenguas lembrou que o seu departamento investiu 1,3 M€ na dársena pobrense nos últimos meses e está a valorar detalladamente esta actuación, cun orzamento estimado que se situaría entre os 7 e os 10 M€
A Xunta actualiza as condicións e axiliza os trámites administrativos para a prestación de varios servizos portuarios
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta regulación que ten como principal novidade a habilitación de procedementos específicos para a súa tramitación na sede electrónica da Xunta e que busca facilitar as xestións ás entidades prestatarias
A Xunta salienta o papel clave dos portos na defensa da saúde de mares e océanos e para a protección da costa
Ángeles Vázquez incide en que a erradicación do lixo mariño é un dos maiores retos ambientais da sociedade actual e pon en valor iniciativas como Upcycling the oceans, na que colaboran o seu departamento e o porto coruñés, entre outros, desde hai cinco anos
A Xunta saca a licitación a primeira fase da dragaxe plurianual de Ribadeo por 2,4 M€
Os traballos inclúen unha actuación inicial e outras tres de mantemento en exercicios posteriores e afectan tanto á canle de acceso ao porto como ao peirao de Mirasol e á dársena pesqueira
A Consellería do Mar traballa para poñer 450.000 metros cadrados de terreos portuarios a disposición do Estado para a súa reversión aos concellos
O Executivo galego ten definida unha carteira de 27 espazos cun valor do chan de máis de 12 millóns de euros e que xeran ao ano arredor de 330.000 euros de ingresos por taxas, unha recadación que tamén podería pasar a engrosar as arcas dos municipios
A Xunta modifica a normativa reguladora dos eventos en terreo portuario para mellorar a súa organización e a compatibilidade co resto de actividades
O novo texto recolle cambios puntuais como que se poidan instalar carpas de máis de 100 metros cadrados de superficie en determinados casos ou a posibilidade de autorizar a conexión á rede eléctrica portuaria
A Xunta destaca o esforzo constante da confraría de Malpica por optimizar as súas instalacións e ofrecer os mellores servizos aos seus socios
Rosa Quintana salienta que a entidade realizou un importante labor para recuperar a puxanza do porto local e mellorar a súa situación económica