Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.200 novas da área temática Comercio:

13/04/2025 | 10:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promove en Vigo a formación especializada na cerámica

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro visitou o desenvolvemento do curso de Vidrados non tóxicos de alta temperatura para vaixelas, que se celebra en Vigo ata hoxe

12/04/2025 | 16:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Medio Rural

A Xunta destaca na Feira do viño de Amandi o valor do emprendemento ligado ao territorio e do talento artesán como motores de dinamización

José González salientou a importancia deste evento non só como unha referencia no eido vitivinícola, senón tamén como un magnífico escaparate da olería tradicional da contorna: a de Gundivós, unha das máis primitivas da Península Ibérica

11/04/2025 | 15:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o papel dos mercados e prazas de abastos como motores de dinamización do comercio local galego

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, respondeu hoxe a unha pregunta na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo relacionada coa orde de axudas para potenciar e dinamizar os mercados e prazas de abastos

10/04/2025 | 14:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lanza a iniciativa ´Localízate! No teu comercio local´ para achegar o comercio de proximidade á mocidade

Trátase dunha das máis de 70 accións recollidas no Plan Estratéxico do Comercio 2025-2030, coa que se pretende achegar ao alumnado da Educación Secundaria Obrigatoria os beneficios do comercio local

10/04/2025 | 12:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta o potencial e aposta pioneira da Artesanía de Galicia na inclusión laboral das persoas con diversidade funcional

José González expuxo que a comunidade galega é a única de España que conta con talleres de artesanía integrados por persoas con diversidade funcional, entre eles o da marca A Casa Rodante da asociación Apamp

09/04/2025 | 15:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon o foco na remuda xeracional e na atracción da mocidade como pancas prioritarias no futuro do comercio local e dos oficios tradicionais

José González debullou as principais novidades desta planificación con horizonte 2030, que recolle 74 accións específicas que mobilizarán máis de 320 millóns de euros a prol de incrementar a competitividade, visibilidade e gobernanza do sector

08/04/2025 | 15:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca os sectores económicos máis afectados polos aranceis de EEUU

A reunión terá lugar o vindeiro luns, logo de que este mesmo xoves se celebre o Consello Interterritorial de Internacionalización, convocado polo Goberno central coas comunidades autónomas para coordinar a resposta das diferentes administracións 

08/04/2025 | 14:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Riotorto acolle o 20 de abril a XVI Feira da artesanía do ferro coa colaboración da Xunta

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na presentación da cita, que conta cun amplo programa no que se inclúen demostracións en vivo e obradoiros relacionados con este oficio

06/04/2025 | 13:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración