Actualidad
Buscador de noticias
As foodtrucks de 'GALICIA SABE AMAR' achegaron xa a calidade dos produtos galegos do mar a preto de 230.000 persoas de toda España
O titular de Mar destaca a importancia das accións de promoción dos peixes e mariscos para impulsar o consumo e fomentar hábitos de vida saudables
A Xunta potencia con 1,1 M€ a calidade das prazas de abastos galegas
A Consellería de Economía, Industria e Innovación vén de resolver os apoios dos que se benefician 14 concellos galegos, así como 17 asociacións de praceiros e a Federación de Prazas de Abastos de Galicia (Fepragal)
A Xunta anima na Ribeira Sacra a apostar pola creatividade e pola calidade dos produtos da marca Artesanía de Galicia
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu hoxe á terceira edición de Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra no Santuario de Nosa Señora de Cadeiras (Sober)
A Xunta destaca a importancia das prazas de abastos na dinamización do mercado de proximidade, na venda dos produtos alimentarios e no fomento da súa calidade
José González, que estivo acompañado do alcalde e da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, explicou que se levou a cabo a restauración do interior do inmoble e se crearon catro postos de venda e un local para supermercado
A Xunta concedeu xa máis de 19,4 M€ en axudas para incentivar a compra de vehículos eléctricos a través do MOVES III
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou hoxe en Burela (Lugo) o concesionario Apersa, unha das empresas beneficiarias destes apoios