Actualidade
Buscador de novas
Máis de 1.500 autonómos lévanse beneficiado da liña de préstamos da Xunta nos últimos catro anos
Trátase das axudas de acceso ao crédito para pequenas empresas, microempresas e autónomos, que convoca o Igape en colaboración coas Sociedades de Garantía Recíproca e as entidades financeiras
Lorenzana lembra que ata o vindeiro venres aínda se poden solicitar as axudas de dixitalización para pemes e autónomos por importe de 3 M€
Este programa cobre tanto proxectos individuais como colectivos relacionados coa conectividade dixital, a automatización, o tratamento de datos, a ciberseguridade ou o control virtual dos sistemas loxísticos
Rueda viaxará á Arxentina e o Uruguai para apoiar as empresas galegas na captación de talento exterior e reforzar as relacións institucionais con estes países
Asistirá a unha das feiras de emprego organizadas pola Xunta dentro do seu plan para favorecer a atracción de persoas traballadoras cualificadas, co foco nos galegos da diáspora que desexan retornar
A Xunta traslada ao alcalde de Poio o seu compromiso co desenvolvemento industrial do municipio
A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, mantivo hoxe unha reunión de traballo co rexedor pontevedrés, Ángel Moldes, para abordar polo miúdo a situación do parque empresarial de Fragamoreira
A Xunta destaca que Galicia é unha potencia marítima grazas á estreita relación entre o sector naval, a pesca e a industria transformadora
María Jesús Lorenzana sinala que a construción dun novo buque “significa máis industria, máis emprego e máis innovación, tres piares fundamentais da economía galega”
A economía galega medrou un 2,9% no cuarto trimestre de 2024 en relación ao mesmo período do ano anterior
O PIB galego creceu un 0,8% en relación ao terceiro trimestre do ano e un 2,8% no conxunto do ano pasado
A Xunta lanza por 3,3 M€ unha nova convocatoria de apoios para potenciar as prazas de abastos e impulsar a súa certificación como Mercados Excelentes
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración orientada a ampliar a rede de mercados recoñecidos con este distintivo de calidade, co obxectivo estratéxico de chegar aos 25 en 2030
Rueda defende a importancia do apoio ao sector empresarial como impulso dunha Galicia competitiva e innovadora
Salienta as medidas da Xunta para apoiar a inversión, a actividade de autónomos e pemes e a transferencia de coñecemento
Rueda enxalza a aposta de Unifersa por Galicia e reivindica o compromiso da Xunta co fortalecemento do tecido empresarial
Subliña que compañías coma esta contribúen á imaxe de Galicia Calidade, xa que “facéndoo ben falan ben do conxunto”