Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 935 novas da área temática Industria:

25/10/2024 | 15:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta inviste preto de 120.000 euros na mellora das infraestruturas viarias do parque empresarial Área 33

O delegado territorial visitou o avance das obras que foron posibles grazas á liña de axudas para a mellora dos parques empresariais de Galicia

25/10/2024 | 12:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o potencial das empresas galegas para diversificar as súas capacidades e aproveitar as oportunidades que ofrece a industria da defensa

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participou hoxe en Vigo na reunión do Consello Asesor do Clúster da Industria da Defensa (CID)

24/10/2024 | 17:49 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o apoio para promover o cooperativismo e fomentar a presenza da economía social no tecido emprendendor

O secretario xeral da Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, puxo en valor o papel da Rede Eusumo, así como a nova Estratexia de economía social, no 1º Congreso de Economía Social e Solidaria en Galicia

24/10/2024 | 17:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel fundamental do sector do granito para o desenvolvemento económico e sustentable de Galicia

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou no encontro Accións de promoción para o sector da pedra natural no 2025: a visión da Xunta

24/10/2024 | 13:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CTAG construirá un novo edificio de investigación centrado no futuro da automoción cun apoio de 4 M€ da Xunta

Acollerá equipamentos relacionados coa eliminación das emisións contaminantes e coa mobilidade máis conectada e autónoma

24/10/2024 | 13:40 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta polas renovables para avanzar na descarbonización e no proceso de transición enerxética

Destaca o modelo que está a desenvolver o Goberno galego baseado no binomio industria-enerxía para vincular o futuro desenvolvemento industrial da Comunidade ás enerxías renovables para xerar riqueza no territorio

23/10/2024 | 17:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña o seu apoio ao sector da automoción e reclama ao Goberno central que mellore a xestión dos PERTEs

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, participa no ciclo As cidades do século XXI en Madrid, no que se analiza o presente e o futuro da industria da automoción e salienta os apoios do Goberno galego para facer fronte ao proceso de electrificación

22/10/2024 | 18:50 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia que xunta e empresas impulsarán o Clúster Contract de Galicia para reforzar o liderado deste sector a nivel global

Explica que este clúster permitirá seguir creando sinerxías entre deseño, industria e tecnoloxía; impulsar a sustentabilidade; e promover a innovación en deseños de espazos e experiencias

22/10/2024 | 16:27 | C. de Economía e Industria

A Oficina Económica de Galicia leva atendidas xa case 9.500 consultas, 1.000 delas nas últimas tres semanas

Lorenzana apunta que tamén se levan concertado 430 reunións de asesoramento empresarial entre outros asuntos, para abordar 164 proxectos de especial relevancia

22/10/2024 | 14:59 | C. de Economía e Industria

Lorenzana cualifica a Lei de recursos naturais, aprobada hoxe, como a maior reforma en materia industrial e enerxética dos últimos anos en Galicia

“Hoxe é un día moi importante para Galicia”, di, para poñer en valor que a norma vai permitir á comunidade “avanzar na descarbonización, no autoabastecemento e que vai xerar un crecemento industrial e enerxético importantísimo nesta lexislatura e nas seguintes”