Actualidade
Buscador de novas
As axudas da Xunta para proxectos e actuacións que contribúan a mellorar a xestión dos residuos municipais poderán solicitarse a partir de mañá
Dotadas cun orzamento global de 15 M€, o ‘Diario Oficial de Galicia’ publica dúas ordes de subvencións para iniciativas impulsadas por entidades locais galegas e unha terceira liña dirixida a pemes, asociacións e fundacións sen ánimo de lucro
A Xunta formaliza o contrato para executar as obras do novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa
Esta intervención foi adxudicada por máis de 17,8M€ e a previsión é iniciar os traballos previos para a execución das novas instalación a finais de xaneiro, para iniciar a obra no mes de febreiro
A Xunta impulsa 17 proxectos de emprendemento empresarial no rural de Lugo, con infraestruturas e asesoramento na rede de viveiros industriais
A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, visitou hoxe o viveiro industrial de Friol (Lugo)
A Xunta inviste preto de 650.000€ no centro deportivo municipal de Ribadavia coas axudas para proxectos estratéxicos do fondo adicional do fondo de cooperación local
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visita o concello para coñecer as obras previstas, presupostadas en case 1,3 millóns de euros
Medio Rural publica as axudas para a conservación da contorna paisaxística e loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra, dotadas con 2 M€
O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a resolución destas achegas da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, cuxo prazo de solicitude será dun mes a partir de mañá
A Xunta destinará 11,7 M€ a axudar ás entidades locais a optimizar a xestión dos residuos de orixe municipal para avanzar cara a unha economía circular
Ángeles Vázquez explica que 9,2 M€ financiarán iniciativas municipais relacionadas coa recollida separada de biorresiduos e residuos especiais como aceites ou téxtiles
A Xunta licita por 4M€ a redacción dos proxectos da segunda fase do Plan de Sendas de Galicia, que permitirá estender estes itinerarios en máis de 120km
A licitación anunciada hoxe pola Axencia Galega de Infraestruturas inclúe 6 lotes de redacción de proxectos, dous para sendas peonís e ciclistas, dous para mellora da seguridade viaria en estradas autonómicas, un para actuacións de mitigación do ruído e outro para actuacións preventivas en muros e noiros
O delegado territorial supervisa as obras de instalación eléctrica de b.t. para a mellora da rede de vídeo vixilancia no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, nas que a Xunta investiu preto de 42.000€
Manuel Pardo salientou que con esta actuación o Polígono Industrial de San Cibrao, deu un paso moi importante na seguridade das empresas, de modo que desenvolvan o seu labor sen riscos nos seus negocios
A Xunta adxudica o contrato de explotación e mantemento da EDAR de Ortigueira para os vindeiros dous anos por preto de 520.000 euros
A estación depuradora de augas residuais está deseñada para unha poboación estimada de 5.000 habitantes
A Xunta impulsa o establecemento de sinerxías entre o talento universitario e o ecosistema emprendedor galego no marco da Rede de polos
O Executivo galego promove a conexión entre empresas emerxentes galegas, asesoradas no marco da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, con estudantado universitario de último ano grazas á plataforma U4Impact