Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 718 novas da área temática Transporte:

29/11/2023 | 13:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concede 15 axudas para a adquisición de taxis adaptados á mobilidade reducida, de baixas emisións ou eléctricos nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

As subvencións concedidas foron de ata 10.000 euros para taxis adaptados, 6.000 para vehículos de emisións cero e ata 4.000 para os taxis de baixas emisións

29/11/2023 | 11:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca unha nova orde de axudas por importe de 500.000 € para incentivar a adquisición de taxis adaptados e de emisións cero ou ECO

Destinaranse 290.000 € á compra de taxis adaptados, 142.000 € para vehículos de baixas emisións e 68.000 € para taxis de emisións cero

28/11/2023 | 13:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mellorará o firme na estrada AC-418 ao paso polo concello de Malpica

Esta intervención, adxudicada por un importe de case 50.000 euros, comezará nas vindeiras semanas

28/11/2023 | 12:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza na transformación dos sistemas de transporte para ofrecer unha mobilidade alternativa, eficiente e respectuosa co medio ambiente

Vázquez Mourelle sinala o desafío de proporcionar sistemas de transporte que respondan ás necesidades dos cidadáns e que contribúan a mitigar o impacto no medio
 

27/11/2023 | 18:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e 12 concellos da área de Vigo acordan prorrogar o Plan de transporte metropolitano os 2 vindeiros anos cun investimento autonómico de 2,4 M€

O Goberno galego continuará financiando os descontos do 80% nos billetes interurbanos, ademais do 100% dos transbordos e as bonificación adicionais aos usuarios recorrentes e membros de familias numerosas coa achega de 1,2 M€ ao ano

27/11/2023 | 13:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 20 M€ as obras da nova estación de autobuses intermodal de Lugo e reclama incorporar tamén a cidade ao mapa da alta velocidade ferroviaria

Ethel Vázquez avanza que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciará a vindeira primavera a construción deste gran centro de transporte público que permitirá un intercambio entre o autobús e o ferrocarril en apenas 2 minutos

24/11/2023 | 15:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o concello de Vilalba acordan a habilitación dunha nova parada de autobús na rúa Campo de Puente, que substiuirá a actual da estación

Así se abordou na reunión celebrada hoxe entre a xefa territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, María José Nistal, e o subdirector de Infraestruturas da Dirección Xeral de Mobilidade, Juan Vidal, coa alcaldesa, Marta Rouco

23/11/2023 | 17:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade recibe o Premio Ícaro 2023 polo apoio á investigación na enxeñaría para mellorar as respostas ás necesidades dos cidadáns

Vázquez Mourelle sinala como un deber impulsar a investigación e traballar da man dos expertos en cada materia para aplicar o seu coñecemento e darlle sentido desde unha utilidade social

20/11/2023 | 14:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a convocatoria para o ano 2024 das probas para exercer como xestor de transporte de viaxeiros ou de mercadorías por estrada

Ábrense tres períodos de inscrición: o primeiro desde mañá e ata o 31 de xaneiro, o segundo do 1 de febreiro ao 1 de maio, e o terceiro desde o 2 de maio ao 1 de setembro