Actualidade
Buscador de novas
A Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio emitiu en 2024 un total de 75 informes que axilizan procedementos urbanísticos dos concellos
Este ente vén de reunirse esta semana en sesión plenaria, na que interviron o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas
A Xunta destaca que a xestión da solicitude única da PAC en Galicia está sendo este ano superior á dos exercicios anteriores
Juan José Cerviño subliñou que o número de solicitudes tramitadas este ano supera en máis de 800 as rexistradas na campaña pasada nestas mesmas datas
A Xunta mobiliza máis de 186 M€ en axudas empresariais a través do maior paquete de apoios anticipados na historia do Igape
A directora do Igape, Covadonga Toca, expón no Parlamento de Galicia as actuacións desenvolvidas polo Instituto no primeiro trimestre, no que, por primeira vez, concentráronse 15 liñas de axuda ás que se sumaron despois outras catro de internacionalización
Román Rodríguez supervisa as obras de mellora no Instituto República Oriental do Uruguai en Vigo, a cidade onde máis inviste a Xunta en educación
O Goberno galego dedica preto de 200.000€ ao cambio de 704 luminarias e 200m² de falsos teitos do centro, ao abeiro do Plan de nova arquitectura pedagóxica
Lorenzana destaca en Stolt Sea Farm que o emprego industrial crece en Galicia por riba da media nacional
A Comunidade pasou de rexistrar 173.800 persoas ocupadas no primeiro trimestre de 2024 a 194.900 no mesmo período de 2025, a cifra máis alta de toda a serie histórica
A Xunta de Galicia inviste 78.000 euros na renovación das luminarias do porto de Cangas con tecnoloxía led de alta prestación e software de telecontrol
As obras están en execución e permitirán modernizar o alumeado exterior do porto cun aforro enerxético estimado do 60%
A Xunta difunde o deseño galego e internacional co seu apoio ao festival ‘Galicia Design Week’
Desenvólvese na Coruña do 16 ao 24 de maio e comprende coloquios, exposicións, obradoiros, música e gastronomía
Galicia intercambia experiencias en Eslovenia sobre a protección da paisaxe durante o encontro internacional dos socios europeos do proxecto GIFT
Presenta a iniciativa Green InfrasTREEcture in the landscape, que propón a posta en valor da integración dos elementos arbóreos e forestais na paisaxe galega como parte dunha infraestrutura verde planificada e resiliente
Villares destaca a aposta da Xunta polo turismo náutico como elemento estratéxico para o desenvolvemento socioeconómico dos territorios costeiros
Co obxectivos de impulsar os portos deportivos, o seu departamento consignou por primeira vez este ano nos Orzamentos unha partida de 1,2 millóns de euros
A Xunta destinou máis de 660.000€ para reducir as infiltracións nas redes de saneamento de 23 concellos na provincia de Ourense
Manuel Pardo supervisou a nova redutora para minimizar as perdas de auga, na que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático investiu 38.000 euros, ao abeiro da orde de axudas do ano 2024 para a execución de actuacións para reducir as infiltracións nas redes de saneamento municipais