Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 40.490 novas da área temática Áreas temáticas:

09/11/2026 | 15:11 | Axencia de Turismo de Galicia

Concertos do Xacobeo achega a mellor música en directo a Vigo cunha nova edición do Underfest

No cartel figuran as bandas e artistas Ed Harcourt, Cloud Nothings, Opus Kink, Maquina, Throes + The Shine, The Monsters, Electric Six e ST. Paul & The Broken Bones

09/11/2026 | 15:09 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta dota a Formación Profesional dun novo marco curricular e crea un selo para as empresas comprometidas coa FP Dual

Rueda resalta que a nova normativa desenvolve o decreto de FP “aprobado o pasado mes de marzo”

09/11/2026 | 15:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inicia o proceso para elixir a dirección científica da Fundación Galtia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para a cobertura deste posto de alta dirección, despois de pechar o trámite da xerencia

09/11/2026 | 14:55 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda informa de que a Xunta aproba o Proxecto de lei de loita contra os incendios forestais de Galicia para a súa remisión ao Parlamento

Afirma que o texto legal aposta por pasar dun modelo de defensa reactiva a outro de loita integral e xestión estratéxica do territorio, introducindo novos conceptos como a interface urbano-forestal, que se define como aquel terreo urbano, de núcleo rural ou urbanizable, estremeiro co monte

09/11/2026 | 14:51 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta premia tres videoxogos da Coruña, Cuntis e Campo Lameiro no 'Xuventude Crea 2026' desta categoría

’Inspector Sommers in: Ourobori an Madness’, ‘Depths’Tale’ e ‘Chroma Tales’ resultaron gañadores do primeiro, segundo e terceiro galardón, respectivamente

09/11/2026 | 14:44 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta organiza as II Xornadas Pedagóxicas de Arqueoloxía Lucense, que se celebran os días 12, 18 e 25 de novembro

A primeira sesión estará adicada aos castros de Castromaior (Portomarín) e Viladonga (Castro de Rei); a segunda ao xacemento do Preguntoiro e a cova do Cotillón, ambos en Pantón; e a última a analizar os avances na investigación e conservación da Muralla

09/11/2026 | 14:34 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta apoia a posta en marcha da Aula Turismo de Galicia na Universidade de Vigo para a formación e investigación no sector turístico

O acordo contempla o acondicionamento e equipamento dun espazo na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo destinado á docencia, a investigación aplicada, a experimentación tecnolóxica e a colaboración co sector turístico

09/11/2026 | 14:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta outorga ao Concello de Miño unha concesión para ocupar 1.309 m2 para construír unha pasarela sobre as marxes do río Baxoi

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático autoriza unha nova ocupación do dominio público marítimo-terrestre para unha intervención de uso xeral, público e gratuíto