Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reivindica a constitución da AECT da Raia Seca como un fito histórico na cooperación transfronteiriza e unha ferramenta clave para o acceso a fondos europeos
A nova agrupación abarcará máis de 3.100 quilómetros cadrados e máis de 72.000 habitantes, integrando 13 concellos galegos e as rexións portuguesas do Alto Minho, Cávado, Alto Támega e Barroso
Rueda resalta o labor de profesionais das emerxencias, da sanidade e da seguridade que permitiron que Galicia superase o apagamento sen incidencias graves
Uns 300 axentes da Policía Autonómica, 700 membros das brigadas forestais e máis de 230 agrupacións de voluntarios de protección civil foron mobilizados na comunidade
A Xunta licita por máis de 9,1 M€ o contrato para a conservación e o mantemento das autoestradas autonómicas AG-53 e AG-54 nos vindeiros 4 anos
Tratase de seguir garantindo os traballos de conservación ordinaria e de vialidade na autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) e no seu ramal ao Carballiño (AG-54)
A rúa Benéfica de Conxo, en Santiago, rexistrará un corte de tráfico dende o luns por mor do acondicionamento do firme
O peche comezará o luns ás 10 horas e prevese restablecer o tráfico o vindeiro 12 de maio ás 8 horas
A Xunta inviste 135.000 euros en parques, camiños municipais e unha área de autocaravanas en Lourenzá
O delegado territorial, Javier Arias, informou de actuacións executadas nos últimos meses no municipio co financiamento do Goberno galego
Medio Rural amplía ata os 2,1 M€ a dotación das axudas a proxectos empresariais non agrícolas
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se incrementa en 400.000 euros o orzamento inicial
A Xunta inicia o procedemento para a adxudicación de 60 vivendas en alugueiro accesible en Santiago
A Comisión Provincial de Vivenda da Coruña deu conta do sorteo público que se celebrará o 16 de maio entre os demandantes inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia
Medio Rural prevé investir 13,7 M€ ata 2026 para a mellora das infraestruturas anti incendios forestais
A conselleira María José Gómez presidiu a reunión do Consello Forestal na que se presentou a actualización do Plan de prevención e defensa contra incendios forestais da Xunta, Pladiga, que será aprobado proximamente polo Consello do Goberno galego
A Xunta aproba de forma inicial o Plan Básico Municipal de Samos para dotar o concello dun instrumento eficaz de ordenación do territorio
A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, informou hoxe á alcaldesa do municipio lucense, María Jesús López