Actualidade
Buscador de novas
A Xunta activará este mércores unha nova edición dos bonos Activa Comercio coa previsión de mobilizar 8,5 M€ en vendas nos negocios de proximidade adheridos
O Consello do Goberno galego analizou un informe da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración sobre a primeira convocatoria de axudas deste ano dos bonos Activa Comercio, dotada con 2,5 M€ e que publicará mañá o Diario Oficial de Galicia
A Xunta anima a sumarse antes do 10 de xuño á campaña 'Días Azuis do Comercio Galego’ para apoiar aos negocios retallistas
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, informou desta iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración durante unha visita ao negocio Calzados Mayka, en Narón, adherido á mesma
Belén do Campo participa na campaña “Quere o teu mercado” na praza de abastos de Elviña na que se pon en valor aos produtores de proximidade
Na xornada celebráronse diversas actividades entre as que destacaron showcookings, actuacións musicais, sorteo de cestas de produtos, obradoiros infantís ou concurso de debuxos
A Xunta participa nunhas xornadas sobre os oficios vinculados ao liño na Costa da Morte
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia asistiu á xornada O liño e as iniciativas emprendedoras transformadoras: estratexia para un desenvolvemento sostible na Costa da Morte, organizada polo Consello da Cultura Galega e Concello de Zas
A Xunta achega ao mercado da Magdalena de Ferrol as actividades promocionais da campaña ‘Quere o teu mercado’
A delegada territorial, Martina Aneiros, visitou esta mañá a praza de abastos no marco desta campaña promovida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para poñer en valor as compras de proximidade nestes espazos
A Xunta reforza o compromiso coa visibilidade e dinamización das prazas de abastos no marco da celebración da campaña ‘Quere o teu mercado’
O conselleiro puxo en valor a importancia desta iniciativa, á que Galicia se suma no marco do Plan estratéxico do comercio, que contribúe a dar visibilidade a estes espazos, atraer novo público consumidor e promover o produto galego de calidade
A Xunta recoñece cunha achega extraordinaria as accións de dinamización de cinco centros comerciais abertos dentro das axudas ao labor destas entidades
Trátase dos centros comerciais abertos Estrela de Marín, de Boiro, de Ferrol, Acisa Ribadeo e a Asociación Rianxeira de Empresarios e cos seus representantes reuniuse recentemente o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González
A Xunta destaca a capacidade tractora de ‘Vilas Vivas’ para impulsar o comercio local e as sinerxías coa riqueza vitivinícola, cultural ou termal de Ribadavia
A Xunta destinará 590.000€ a unha iniciativa cuxas actividades arrancarán no último trimestre buscando o diálogo cos recursos endóxenos da vila para ofrecer unha experiencia integral ao visitante, contando tamén co potencial mobilizador do AVE