Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.830 novas da área temática Emprego:

21/01/2026 | 12:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta renova o selo de Mercado Excelente a Vilagarcía e promove unha nova edición de apoios para potenciar as prazas de abastos dotada con 2,3 M€

O conselleiro destacou o compromiso deste espazo por diferenciarse e adaptarse ás novas tendencias de consumo, ostentando esta acreditación autonómica xunto coas de Tomiño, Pontedeume e Carballo

20/01/2026 | 11:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza a recualificación das persoas traballadoras ocupadas cunha convocatoria de 4 M€ para formación adaptada ás necesidades das empresas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de apoios que poderán solicitar os centros de formación acreditados desde o 27 de xaneiro ata o vindeiro 30 de setembro para o financiamento de accións formativas a demanda do tecido produtivo galego

19/01/2026 | 11:20 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde publica o nomeamento de 267 médicos de familia de atención primaria como persoal estatutario fixo

O Diario Oficial de Galicia recolle a adxudicación de destino dos profesionais seleccionados por concurso-oposición

18/01/2026 | 11:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo as máis de 500 persoas que se formaron na provincia de Ourense para a súa inserción laboral na última edición dos obradoiros de emprego

José González destacou o investimento de preto de 430.000 euros da Xunta para a iniciativa ‘Carbosam 2024’, promovida polo Carballiño xunto con Maside e Boborás, e un dos 27 obradoiros celebrados na provincia ao abeiro da pasada convocatoria

17/01/2026 | 10:09 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inicia 24 cursos ocupacionais dirixidos a persoas en situación ou risco de exclusión social

A formación programada céntrase en sectores cun amplo abano de posibilidades laborais, como os de servizos, construción e loxística

15/01/2026 | 12:28 | C. de Sanidade
15/01/2026 | 10:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca a décima edición das Bolsas Beme coa que acadará os 2.000 mozos e mozas retornados e reforza a inserción laboral dos beneficiarios

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para o curso 2026-2027, dotada con 2,55 M€ e promovida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración a través da Secretaría Xeral da Emigración