Actualidade
Buscador de novas
Preto de 4.300 persoas están chamadas a participar esta fin de semana nas oposicións para 274 prazas de emprego público
Un operativo formado por unhas 207 persoas controlará que todos os procesos selectivos se desenvolvan de xeito correcto e con total seguridade
A Xunta pon en valor os proxectos cofinanciados con fondos da UE pola súa contribución ao desenvolvemento de Galicia
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, clausurou o I Concurso anual de proxectos cofinanciados #EuropaXunta
Máis dun milleiro de persoas participan mañá na proba de coñecementos do proceso selectivo para cubrir 84 prazas de Policía Local en 32 concellos
Os aspirantes realizarán este primeiro exercicio da oposición no recinto feiral de Silleda e, a continuación, as persoas non exentas someteranse ao segundo exercicio correspondente á proba de lingua galega
A Xunta pon en valor a nova tenda ‘Arroupa’ de Cáritas en Carballo como unha aposta polo emprego inclusivo e pola economía circular
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, asistiu hoxe á inauguración do establecemento, destacando que esta empresa de inserción recibe apoio do Goberno galego para garantir a súa actividade
Villares lamenta a perda de 10 meses para rectificar e integrar os aspectos socioeconómicos, habilitar maiores TAC e flexibilizar a súa administración
O titular de Mar trasladou a necesidade de perfeccionar e transparentar o sistema de negociación de cara aos vindeiros anos para evitar sentar un precedente negativo na determinación das TAC
A Xunta pon en marcha a IX Edición do Programa Scratch Day para achegar a linguaxe de programación aos máis novos dun xeito lúdico
As xornadas, dirixidas á rapazada de entre 7 e 15 anos, comezarán o 21 de setembro e desenvolveranse ata outubro en 4 aulas da Rede CeMIT e na Cidade da Cultura
O Consorcio Casco Vello aproba o seu novo plan de investimentos con 1,6 millóns de euros para rehabilitar seis edificios no barrio histórico de Vigo
A delegada territorial da Xunta e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, presidiu o consello de administración
A Xunta convoca cinco novos cursos básicos para persoal das agrupacións de voluntarios de protección civil
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria das accións formativas, que se desenvolverán de xeito descentralizado
A Xunta investirá máis de 4,1M€ na construción de 20 vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro no barrio San Eleuterio-Tameiga, en Mos
Trátase dun edificio de tres alturas, con vivendas de entre 2 e 4 dormitorios, e contará con 29 prazas de garaxe e 20 rochos