Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 554 novas da área temática Patrimonio:

28/03/2026 | 10:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amosa en Cerceda os oficios artesanais da elaboración de zocos e da construción de pandeiretas

Os artesáns Elena Ferro e Xosé Manuel Sanín achegáronse esta semana ata o CPI Plurilingüe O Cruce, onde fixeron demostracións en vivo dos seus oficios, no marco do proxecto Artesanía na Escola

27/03/2026 | 19:46 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos enxalza a contribución da Feira do Viño de Amandi ao patrimonio etnográfico da Ribeira Sacra

O representante do Goberno galego destaca que a viticultura heroica da zona está integrada entre os atributos excepcionais da candidatura a Patrimonio Mundial

26/03/2026 | 18:20 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta destaca o papel dos museos na construción dunha sociedade máis inclusiva e diversa

A nova mostra do centro xestionado polo Goberno galego é o resultado de dous proxectos realizados no centro de menores de Montealegre e na residencia Nosa Señora dos Anxos

26/03/2026 | 16:43 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta avala a proposta de música culta, patrimonio e pedagoxía do festival Pórtico do Paraíso

O certame internacional conta co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para celebrar a súa 19ª edición do 8 ao 17 de maio con catro concertos e dúas actividades paralelas na cidade de Ourense e nos concellos de Vilamarín e Cea

26/03/2026 | 13:30 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos pon en valor a contribución dos museos á sociedade de Galicia

A norma, que desenvolve a Lei de Museos aprobada en 2021, regula a creación, modificación e disolución dos centros

25/03/2026 | 15:54 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos exíxelle ao Goberno central a rehabilitación do Pazo de Meirás como paso previo necesario para que a Xunta asuma a súa xestión

O representante do Executivo galego considera que é unha “xusta reclamación” e pide o apoio para esta demanda de todos os grupos parlamentarios

22/03/2026 | 09:55 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta adxudica obras de restauración na igrexa do Mosteiro de Oia por preto de 390.000 €

A actuación, cun prazo de execución de nove meses, centrarase na posta en valor da sancristía e do coro alto

21/03/2026 | 13:47 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos destaca o compromiso da Xunta coa conservación do Mosteiro de San Salvador de Bergondo

O conselleiro de Facenda e Administración Pública e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén Do Campo, asistiron á inauguración da programación que conmemora o 900 aniversario do primeiro documento conservado no mosteiro

21/03/2026 | 12:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta oferta esta Semana Santa 550 prazas para coñecer as Illas Atlánticas a través de rutas guiadas

Os visitantes interesados poderán anotarse o mesmo día nos puntos de información de Cíes e Ons e tamén haberá un cupo dispoñible a través da central de reservas