Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reitera no Día Mundial da Síndrome de Down o seu compromiso coa plena integración das persoas con discapacidade
O delegado territorial, Javier Arias, e a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participaron nos actos celebrados en Lugo con motivo da efeméride
Fabiola García avanza que os concellos poderán adherirse ao incremento do financiamento do Servizo de Axuda no Fogar desde finais de marzo
As administracións locais terán un mes desde a publicación da nova orde no Diario Oficial de Galicia para poder solicitar formalmente este incremento, que terá efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro
Fabiola García pon en valor o labor que realizan entidades como Special Olympics, que fomentan as ganas de superación das persoas con discapacidade
Traslada o compromiso do Executivo galego para seguir colaborando man a man coas entidades sociais da comunidade “para que Galicia siga sendo unha terra cada vez máis xusta e igualitaria”
Arias destaca a importancia de proxectos como ‘Visibles’ para “fomentar unha sociedade inclusiva, na que todos se sintan integrados e capaces”
O delegado territorial da Xunta en Lugo felicitou á Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón e a Aspnais pola mostra Visibles, deseño e diversidade funcional, froito da colaboración entre ambas entidades
Fabiola García pon en valor o papel que xogan os servizos sociais de concellos como o de Rois, que recibirá unha inxección de 317.000 € ata 2028 para o SAF
A conselleira lembra que o Goberno galego incrementará nesta lexislatura un 50% a súa achega ao Servizo de Axuda no Fogar, que é de competencia municipal
Fabiola García avanza que a Xunta inxectará máis de 425.000€ no Concello de Boqueixón ata 2028 para o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar
A conselleira lembra que se trata dun acordo histórico que suporá un incremento do 50% na achega do Goberno galego a este servizo de competencia municipal
A Xunta avala a traxectoria da Fundación Sálvora no apoio ás persoas con discapacidade en todos os ámbitos
O Goberno galego apoia con 130.000 euros anuais o traballo que desenvolve a entidade viguesa
Fabiola García denuncia que a Xunta non pode conceder automaticamente a discapacidade a 2.600 galegos debido ao recurso do Goberno central
Lamenta que o Executivo de Pedro Sánchez actúe desta maneira con Galicia só polo seu afán recadatorio
Belén do Campo destaca a aposta de ASPACE pola innovación na rehabilitación infantil na presentación do exoesqueleto pediátrico
A delegada da Xunta puxo en valor o compromiso de ASPACE coa innovación aplicada á rehabilitación e destacou que este exoesqueleto permitirá que nenos e nenas que non podían camiñar poidan facelo, grazas a un dispositivo robótico que se adapta ao corpo infantil e imita o funcionamento natural do músculo