A Xunta destaca en Nigrán a contribución do Centro Especial de Emprego Juan María en apoio á inserción laboral das persoas con discapacidade

Nigrán (Pontevedra), 11 de agosto de 2026

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou hoxe a cafetería Sen etiquetas, rexentada polo Centro Especial de Emprego Juan María, un proxecto de emprego inclusivo inaugurado este ano co obxectivo de crear oportunidades laborais reais para as persoas con discapacidade intelectual.

Mariño destacou o valor deste proxecto, que permite ás persoas formarse, desenvolver as súas capacidades e acceder a un emprego digno e estable. Así mesmo, salientou o apoio da Xunta á entidade a través das axudas aos centros especiais de emprego, ás que este ano se destinan 27 millóns de euros. A directora xeral sinalou tamén que o Centro Juan María é beneficiario do programa autonómico de formación dual, que combina formación e emprego, neste caso na especialidade de actividades auxiliares de comercio. A través desta iniciativa, búscase que as persoas con discapacidade intelectual poidan obter un certificado de profesionalidade, aprender un oficio e facilitar a súa incorporación ao mercado laboral ordinario.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/08/2026