Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 523 novas da área temática Pesca:

26/03/2024 | 11:27 | C. do Mar

A veda do polbo en Galicia terá lugar en maio e xuño este ano e analízanse medidas complementarias para 2025

A veda é unha das medidas técnicas que comprende o plan do polbo, co fin de axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie e así protexer a súa reprodución e contribuír a unha explotación máis sustentable

25/03/2024 | 19:13 | C. do Mar

A Consellería do Mar apoia as demandas da asistencia técnica da confraría coruñesa para que a sementeira da ría do Burgo se realice con todas as garantías

A xefatura territorial enviou hoxe escritos aos responsables do pósito e a Costas coa análise da proposta da adxudicataria da dragaxe nos que sinala que de momento resulta imposible autorizar as sementeiras de moluscos solicitadas para o 8 de abril

25/03/2024 | 13:53 | C. do Mar

Galicia participará ata final de ano en 14 feiras que levarán os produtos das empresas do mar da comunidade polos principais mercados do mundo

Despois da exitosa presenza de 25 coexpositores do sector transformador en Alimentaria 2024 en Barcelona en abril acudirase ao Fórum Gastronómico na Coruña, o Salón Gourmets de Madrid e a Seafood Expo Global de novo na Cidade Condal

22/03/2024 | 15:05 | C. do Mar

Alfonso Villares enxalza os traballos para elevar a produtividade dos bancos marisqueiros que realizan profesionais como os da cooperativa Ría de Arousa

O conselleiro destaca a xestión que realizan nas praias de Abanqueiro este organismo cooperativo, un dos maiores no litoral galego con máis de catrocentos socios

22/03/2024 | 14:14 | C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta denuncia que a tramitación do novo regulamento xeral de Costas do Estado exhibe as mesmas eivas que a do anulado polo Tribunal Supremo

O Executivo galego censura que a consulta pública previa sobre esta normativa recolle xeneralidades incompatibles coa obriga legal de poñer a disposición da cidadanía toda a información necesaria para emitir unha opinión fundamentada

20/03/2024 | 17:21 | C. do Mar

Alfonso Villares reclama revisar desde xa as cotas pesqueiras para 2024 tras referendar a xustiza europea que deben atender ás necesidades sociais da frota

O titular de Mar recordou que no último reparto realizado en decembro se fixaron para distintas especies en previsión dunha sentenza que se temía negativa e que acabou defendendo as teses da Xunta e do sector

20/03/2024 | 15:26 | C. do Mar

Alfonso Villares enxalza o músculo da conserva galega como fonte de emprego de calidade e a súa gran capacidade exportadora

O conselleiro sinala que o sector conserveiro galego representa máis do 75% da produción nacional e un 69% da facturación que ronda os 900 millóns de euros anuais, comercializando os seus produtos en 130 países 

20/03/2024 | 14:02 | C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima aos concellos e ao sector mar-industria a participar na consulta pública previa do regulamento de costas para frear a pretensión do Goberno central de expulsar as instalacións asentadas no litoral

O Goberno autonómico denuncia a falta de transparencia do Executivo central na tramitación dunha norma que foi anulada polo Tribunal Supremo e que pretende avanzar no seu obxectivo de eliminar calquera vestixio de presenza humana da costa independentemente do seu impacto social e económico