Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.348 novas da área temática Emprego:

28/05/2025 | 16:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e o Concello de Cambados estudan posibles vías de colaboración para potenciar a praza de abastos do municipio

O conselleiro destacou a aposta do Executivo galego para impulsar os mercados de abastos como o mellor escaparate do produto galego de calidade, vencellándoos á contorna na que se integran tal e como reflicte o Plan estratéxico do comercio

28/05/2025 | 15:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta trae a Lugo a oficina itinerante do programa de emprego xuvenil transfronteirizo ‘Desafíos Jovens’

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que informa sobre intercambios laborais co Norte de Portugal e outros recursos para mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas

27/05/2025 | 11:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o papel da muller no emprendemento rural nunha nova xornada no polo de Vilanova de Arousa

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta mañá na xornada do programa Amas da terra organizada co obxectivo de dinamizar o talento feminino e o emprendemento da muller no eido rural

26/05/2025 | 15:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta preto de 60 proxectos ao Plan social polo clima por importe de arredor de 2.000 M€

Rueda destaca que esta planificación será a base para a aplicación en España do Fondo Social para o Clima (FSC) impulsado pola Unión Europea, que terá un orzamento de 9.000 M€ durante o período 2026-2032

25/05/2025 | 10:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta abre o martes a convocatoria de axudas do programa de primeira experiencia profesional co que estima beneficiar unhas 650 persoas mozas

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a orde 2025 destes apoios da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, dotados con preto de 6,3 M€, máis de 2 M€ máis que o ano anterior

24/05/2025 | 14:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta organiza en Silleda unha nova edición das probas para avaliar competencias clave en galego, castelán, matemáticas e inglés

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe ao desenvolvemento das probas que se celebran no Recinto Feiral Internacional da Fundación Semana Verde en Silleda

23/05/2025 | 15:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste máis de 410.000 euros en no obradoiro dual de emprego de Lalín que está a formar a 20 desempregados

A provincia de Pontevedra conta con 20 obradoiros duais de emprego que forman a preto de 400 persoas desempregadas e que contan cun orzamento de máis de 8 millóns de euros