Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.208 novas da área temática Igualdade:

15/11/2024 | 12:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta conmemorará o 25N con 300 actividades centradas na sensibilización da mocidade en torno á violencia de xénero e o bo trato nas relacións

Fabiola García enxalza o traballo diario que realizan os CIMS, unha entrega que “é de xustiza blindar e poñer en valor” e que conforma unha rede “vital e única” na promoción da igualdade e na atención á violencia de xénero

14/11/2024 | 13:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta impulsa actividades de promoción da igualdade nos concellos rurais cunha achega de preto dun millón de euros ás Anpas

A directora xeral de Promoción da Igualdade participou no faladoiro proxecto Sementando Igualdade que organiza a Anpa do CEIP Cerdeiriñas de Piloño

13/11/2024 | 18:44 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta organiza as xornadas ‘Conectadas e seguras’ para abordar a violencia de xénero no eido dixital desde diferentes perspectivas

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero inaugurou este encontro que contou coa voz de varios expertos que expuxeron as súas experiencias

13/11/2024 | 13:36 | C. de Política Social e Igualdade

O observatorio LGBTIQ+ aproba o protocolo para a atención de persoas deste colectivo nos Centros de Información á Muller

Esta ferramenta irá acompañada de accións de formación e sensibilización orientadas ao persoal dos CIMS

13/11/2024 | 13:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta comproba no CEIP Plurilingüe da Carrasqueira o éxito dos programas de inclusión e innovación educativa

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa coñece no centro algunhas das iniciativas candidatas á convocatoria do programa de impulso a Centros Referentes

12/11/2024 | 18:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta distingue á catedrática de economía María Loureiro co galardón María Josefa Wonenburger como recoñecemento ao seu labor científico

O pleno da Unidade da Muller e da Ciencia decidiu por unanimidade premiar a esta investigadora lucense que está considerada unha das científicas máis influentes do mundo

12/11/2024 | 16:10 | A Presidencia da Xunta

Rueda defende un modelo de financiamento que permita prestar os mesmos servizos públicos en igualdade en toda España

Incide na necesidade de dar un novo impulso ás conexións do noroeste para favorecer o reequilibrio territorial

12/11/2024 | 14:18 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Cultura, Lingua e Xuventude
12/11/2024 | 12:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Política Social e Igualdade
07/11/2024 | 21:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda enxalza os 40 anos do Centro Juan María de dedicación e apoio ás persoas con discapacidade en pro dunha sociedade máis xusta e inclusiva

Agradeceu o labor que leva a cabo a través do seu centro educativo, de día e ocupacional, así como do centro especial de emprego, os cales facilitan a autonomía, o desenvolvemento persoal e a integración laboral dos usuarios