Actualidade
Buscador de novas
A Xunta presenta Xantar 2025 como referente feiral en Ourense e expoñente do potencial da industria alimentaria como xeradora de riqueza e emprego
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participaron hoxe na presentación da 26ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico
A Xunta concede case 2 M€ en axudas para financiar 33 accións formativas para persoas desempregadas en 12 entidades de Ferrol, Eume e Ortegal
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá na sede de Cogami, en Ferrol, aos participantes nun curso de capacitación práctica en xestión e servizos administrativos
A Xunta concede 400 axudas para favorecer o emprendemento feminino
O programa contempla catro modalidades de axuda, Emerxe, Impulsa e Innova, máis outra complementaria, Concilia; e as achegas oscilan entre os 8.000 e os 42.000 euros
A Xunta ofrece un cofinanciamento coa Deputación e os praceiros para desbloquear o futuro da Praza de Abastos Nº1 tras a negativa do Concello a participar
Tras a reunión con representantes da Deputación de Ourense e da Asociación de Comerciantes e Industriais da Praza, José González ofreceu un cofinanciamento a tres para suplir o que debería facer o Concello nun edificio de titularidade municipal
A Xunta reforza o papel do Polo de Vilanova con 250 proxectos no seu primeiro ano e anuncia a creación dunha aceleradora de economía social neste espazo
José González puxo en valor o Pazo Vista Real como punto de referencia para o impulso laboral, empresarial e social da comarca do Salnés, onde se sitúan o CDL e unha das 15 oficinas da Rede de polos autonómica, inaugurada en 2024
Belén do Campo destaca o éxito do Programa Integrado de Emprego da Laracha no que 53 participantes, máis da metade dos alumnos, conseguiron incorporarse ao mercado laboral
A delegada da Xunta destacou que, na convocatoria 2025-2026, foron concedidos 10 PIE na provincia da Coruña cun investimento de 2,1 millóns de euros
Rueda destaca que a Xunta potenciará a inserción nos novos obradoiros de emprego incrementando as prácticas e os incentivos á contratación e cun eixo na prevención dos lumes
Salienta que o Goberno autonómico destinará 48,1 M€ a esta convocatoria coa que se impulsará a empregabilidade da cidadanía da man das entidades locais
A Xunta amosa en Salvador de Bahía a batería de medidas e apoios autónómicos ás persoas emigrantes que deciden retornar a Galicia
O secretario xeral da Emigración informou no Club Español á colectividade galega do nordeste brasileiro sobre a Estratexia Galicia Retorna e as oportunidades que ofrece Galicia ás persoas residentes no exterior interesadas en retornar
A Xunta segue a impulsar en Cervo a transmisión do traballo artesanal cun novo curso de perfeccionamento de técnicas de forxa
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse hoxe ata Cervo onde se está a impartir o curso ‘Perfeccionamento de técnicas de forxa’