A Xunta publica os decretos polos que se convocan 123 prazas en diferentes postos da administración sanitaria

A primeira das ofertas públicas de emprego que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia inclúe un total de 100 prazas para a provisión de postos de difícil cobertura

O Diario Oficial de Galicia tamén publica hoxe a oferta de 23 prazas para diversas categorías de saúde pública

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2025

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na súa edición de hoxe os decretos polos que se aproban dúas novas ofertas de emprego público con 123 prazas de persoal estatutario do sistema público de saúde e de persoal sanitario funcionario.

O primeiro destes decretos 123/2025 recolle un total de 100 prazas que teñen como obxecto a cobertura de postos de difícil cobertura nos diferentes centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde.

Destas 100 prazas, 41 pertencen a diferentes categorías de facultativos especialistas en hospitais comarcais, 27 son de médico de urxencias e 32 pertencen á categoría de pediatra de atención primaria. Do total de prazas, 7 delas estarán reservadas á quenda de discapacidade xeral (ver anexo).

Con esta oferta a Xunta complementa a aprobada a través do Decreto 52/2025, do 23 de xuño, e esgota a taxa máxima de reposición de efectivos autorizada pola lexislación básica do Estado, que é do 120 %, ao tratarse dun sector prioritario.

23 prazas para diversas categorías de saúde pública

Pola súa banda, o decreto 122/2025 para as escalas sanitarias da Lei 17/1989, do 23 de outubro, inclúe un total de 23 prazas vinculadas ao eido da saúde pública e da administración sanitaria. O sistema de selección será o de concurso-oposición e respectará os principios de libre concorrencia, igualdade, mérito e capacidade.

Nomeadamente, convócanse de 5 prazas de farmacéutico inspector de saúde pública, 7 de inspector médico (1 reservada á quenda de discapacidade), 1 de licenciado en ciencias biolóxicas e 10 de subinspector sanitario (1 reservada á quenda de discapacidade).

De igual xeito que no ano anterior decreto, con esta oferta, a Xunta esgotará a taxa máxima de reposición de efectivos autorizada pola lexislación básica do Estado, que é do 110 %, ao tratarse dun sector non prioritario

 

ANEXO PRAZAS DECRETO 123/2025

Categoría/especialidade

Prazas

 

Discapacidade xeral

Facultativo/a especialista en análises clínicas

2

0

Facultativo/a especialista en cirurxía ortopédica e traumatoloxía

5

0

Facultativo/a especialista en cirurxía xeral e aparello dixestivo

7

0

Facultativo/a especialista en farmacia hospitalaria

1

0

Facultativo/a especialista en hematoloxía e hemoterapia

1

0

Facultativo/a especialista en medicina física e rehabilitación

1

0

Facultativo/a especialista en medicina interna

3

0

Facultativo/a especialista en nefroloxía

3

0

Facultativo/a especialista en neuroloxía

1

0

Facultativo/a especialista en obstetricia e xinecoloxía

1

0

Facultativo/a especialista en oftalmoloxía

1

0

Facultativo/a especialista en otorrinolaringoloxía

2

0

Facultativo/a especialista en pediatría e as súas áreas específicas

2

0

Facultativo/a especialista en pneumoloxía

1

0

Facultativo/a especialista en psicoloxía clínica

2

0

Facultativo/a especialista en psiquiatría

2

0

Facultativo/a especialista en radiodiagnóstico

1

0

Facultativo/a especialista en reumatoloxía

1

0

Facultativo/a especialista en uroloxía

2

0

Médico/a de hospitalización a domicilio

2

0

Médico/a de urxencias

27

3

Pediatra de atención primaria

32

4

Total prazas

100

7

ANEXO PRAZAS DECRETO 122/2025

Corpo

Escala

Clase

 

Prazas

Disc.

Facultativo superior

Saúde pública e Administración sanitaria

Farmacéutico/a inspector/a de saúde pública

5

 

Facultativo superior

Saúde pública e Administración sanitaria

Inspectores/as médicos/as

7

1

Facultativo superior

Saúde pública e Administración sanitaria

Licenciado/a en ciencias biolóxicas

1

 

Facultativo grao medio

Saúde pública e Administración sanitaria

Subinspector/a sanitario/a

10

1

 

Data de actualización: 30/12/2025