Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor o papel das startups cooperativas como modelo de futuro para Galicia
A directora do Igape, Covadonga Toca, participa no evento "Diálogos Inspiradores: Tecnoloxía, Innovación e Economía Social" onde destaca os instrumentos públicos que impulsan o emprendemento tecnolóxico con impacto social, a través de financiamento, asesoramento e acompañamento integral
Manuel Pardo subliña a contribución do programa Reacciona da Xunta a prol da competitividade e innovación das pemes de Ourense cun investimento de preto de 107.000 euros
O delegado territorial lembrou que a Xunta, a través do Instituto Económico de Galicia (Igape), abriu o pasado día 21 de xaneiro, o prazo de presentación de solicitudes dunha nova edición deste programa cun orzamento de 2,8 M€
Lorenzana sinala a necesidade de que Galicia conte cunha sólida rede de puntos de recarga para vehículos eléctricos
Apunta que en tres meses estará operativo na páxina web da Consellería de Economía e Industria un visor que funcionará como un mapa interactivo onde facer consultas en tempo real sobre a localización destas instalacións na Comunidade
A Xunta congratúlase de que o supremo avale a correcta tramitación do parque de Campelo, que abre a porta a levantar a paralización polo TSXG de 64 parques eólicos
A sentenza do Alto tribunal español resolve que o Executivo galego realizou unha tramitación ambiental conforme a dereito na autorización deste parque e rexeita que recorrese ao fraccionamento, en contra do que defendía un fallo do TSXG
A Xunta avoga pola coordinación de esforzos para seguir avanzando no apoio ao emprendemento ligado ao territorio
José González puxo de relevo a aposta de Galicia pola colaboración público-privada para impulsar ideas que favorezan á comunidade e o traballo que se está a realizar para identificar oportunidades de negocio atendendo ao potencial das cidades e vilas
Rueda reivindica a estabilidade institucional de Galicia como motor económico e industrial
Lamenta a inestabilidade do Goberno central, que penaliza ás Comunidades que cumpren coas súas obrigas
A Xunta ratifica o seu obxectivo de blindar o sector da automoción fronte aos desafíos que afronta esta industria
O secretario xeral de Industria e desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, clausurou hoxe o encontro empresarial Mobilidade Sustentable e Loxística no sector da automoción, organizado pola Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), que inaugurou a directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela
A Xunta impulsa con 2,4 M€ a modernización e mellora da competitividade das principais cadeas de valor do sector mineiro galego
Fernández Vila lembra que a galega é a segunda comunidade en canto a emprego mineiro e a cuarta en canto a valor de produción co 9´5 %, ademais de continuar líder nacional en fabricación de pedra natural
Lorenzana empraza a Alcoa e ao comité de empresa a manter un diálogo fluído nun ano que vai ser “crucial” para a compañía
Sinala que no último trimestre de 2025 sairá da súa condición de empresa en crise e poderá ter acceso, polo tanto, a axudas públicas e outras vías de financiamento