Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.024 novas da área temática Turismo:

25/09/2025 | 13:42 | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia intensifica a súa promoción en Estados Unidos da man da marca ‘España Verde’ co evento enogastronómico e interactivo ‘Norte Diem’

Estados Unidos é o segundo mercado que achega un maior número de visitantes con case 400.000 turistas o pasado ano e o primeiro en peregrinos que realizan o Camiño de Santiago con 33.180 camiñantes ata a actualidade

25/09/2025 | 11:02 | Axencia de Turismo de Galicia

Belén do Campo destaca a aposta da Xunta pola cidade da Coruña co patrocinio este ano de 34 eventos musicais dentro dos 'Concertos do Xacobeo'

A representante autonómica puxo en valor a consolidación da Coruña como referente da música en vivo no noroeste peninsular, lembrando que a Xunta apoia ao longo deste ano un total de 34 grandes eventos musicais dos cales 8 aínda están pendentes de celebrarse

24/09/2025 | 14:16 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta celebra o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Nacional dos Entroidos do Oriente Ourensán tras impulsar a súa candidatura

O director de Turismo de Galicia destaca o impulso na singularización, desestacionalización e redistribución territorial da oferta que supón a distinción

24/09/2025 | 12:54 | Axencia de Turismo de Galicia

Manuel Pardo destaca o compromiso da Xunta no desenvolvemento termal da provincia de Ourense

O delegado territorial puxo en valor o convenio que vén de asinar a Xunta e a Universidade de Vigo, para impulsar o Campus Auga tras acadar a súa acreditación como campus de especialización. Con este novo acordo elevan a 11,8M€ o investimento desde 2013 para convertelo nunha das sinerxías científicas de Ourense

23/09/2025 | 15:21 | Axencia de Turismo de Galicia

Un total de 22 casas rurais da provincia de Lugo súmanse ao programa ‘Outono gastronómico’ da Xunta

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que durante as fins de semana ata o 21 de decembro estes establecementos ofrecen aloxamento e menús elaborados con produtos de tempada a prezos especiais

23/09/2025 | 15:17 | Axencia de Turismo de Galicia

Os hoteis galegos aumentan en agosto un 4% os seus ingresos, que ascenden a 84,3 millóns de euros

Desde xaneiro ata agosto, os hoteis e pensións ingresaron un global 312,9M€, o que supón un incremento durante este ano do 5,6%

23/09/2025 | 15:09 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles destaca o traballo da Xunta monitorizando o destino para consolidar o modelo turístico sostible repartido polos concellos galegos

O director de Turismo de Galicia inaugurou o Foro Local de Turismo de Galicia, organizado pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e que foi clausurado polo director xeral de Cohesión Social e Fondos Europeos, Ángel Tarrío

22/09/2025 | 15:37 | Axencia de Turismo de Galicia
22/09/2025 | 14:52 | Axencia de Turismo de Galicia

Belén do Campo anima aos viaxeiros a participar nunha nova edición do “Outono Gastronómico Turismo Rural 2025” con 78 establecementos adheridos

A delegada da Xunta visitou a Casa das Fiadeiras de Nemiña e a Casa Castiñeira en Muxía participantes neste programa