Actualidade
Buscador de novas
O consorcio BlueWWater presenta no CETMAR os seus avances para reducir as emisións de contaminantes e microplásticos e mellorar a calidade da auga
Coordinado polo Centro Tecnolóxico do Mar, o proxecto desenvolveu durante tres anos ferramentas para detectar contaminantes emerxentes, avaliou tecnoloxías de tratamento e promoveu accións de protección ambiental e concienciación cidadá
A Xunta adxudica a Temperaturas Extremas Arquitectos a redacción do proxecto para a construción de 244 vivendas públicas en Salgueiriños, en Santiago
O equipo Temperaturas Extremas Arquitectos S.L.P é o gañador do concurso de ideas, que se encargará de redactar os documentos de ordenación do solo, o proxecto de urbanización, os proxectos de 244 vivendas de promoción pública e o anteproxecto dunha residencial xuvenil de 150 prazas
A Xunta de Galicia concede á praza de abastos de Boiro o selo Mercado Excelente pola súa innovación, autenticidade e papel dinamizador do territorio
A instalación do distintivo realizarase en próximos días e deste xeito avánzase no obxectivo de acadar os 25 espazos con esta distinción en 2030, aspecto recollido no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030
A Xunta avalía co Clúster da Biomasa o desenvolvemento do sector en Galicia
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, mantivo hoxe un encontro co presidente do Clúster da Biomasa de Galicia, Rubén Mosquera
A Xunta adxudica á UTE IP-MAM a redacción do proxecto para a construción de 316 vivendas de promoción pública en Elviña, na Coruña
A UTE IP-MAM é a gañadora do concurso de ideas e encargarase de redactar o Proxecto de Interese Autonómico (PIA), o proxecto de urbanización, os proxectos de 166 vivendas de promoción pública e 150 aloxamentos compartidos para menores de 36 anos e o anteproxecto dunha residencial xuvenil de 150 prazas
O Servizo Galego de Saúde celebra este domingo unha nova xornada de oposicións con preto de 9.500 aspirantes convocados
O Recinto Internacional de Silleda acollerá os exames de acceso a cinco novas categorías do sistema sanitario público galego
Educación destina 2,3 M€ á Universidade de Vigo para novo equipamento científico e dota ao Campus de Ourense dun polo creativo
Xunta e UVigo asinan un convenio de colaboración para a adquisición de equipos de alta especialización para a Universidade e para os centros de investigación de excelencia da Rede CIGUS da Xunta, así como centros colaborativos
A Xunta dá luz verde ambiental ao proxecto para unha plantación de kiwis no concello de Trazo
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que teña impactos significativos sobre a contorna sempre e cando se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
Ángeles Vázquez pon en valor o labor da rede de Centros Quérote+ no acompañamento e asesoramento da mocidade galega
A conselleira de Política Social e Igualdade visitou o centro de Santiago de Compostela para coñecer de preto o traballo que realizan os técnicos deste servizo