Actualidade
Buscador de novas
Lorenzana empraza a Alcoa e ao comité de empresa a manter un diálogo fluído nun ano que vai ser “crucial” para a compañía
Sinala que no último trimestre de 2025 sairá da súa condición de empresa en crise e poderá ter acceso, polo tanto, a axudas públicas e outras vías de financiamento
A Xunta destaca o papel de Viagalicia como aceleradora transversal capaz de transformar o talento galego en empresas de éxito
A directora do Igape, Covadonga Toca, inaugura o Startup Day da 8ª edición dunha aceleradora que ten impulsado ata o de agora 92 empresas das que preto do 70 % seguen activas, xerando arredor de 500 postos de traballo e máis 45 millóns de euros de facturación
Belén do Campo avalía cos directores territoriais as ordes de axudas da Xunta abertas e destaca a importancia de dalas a coñecer
A delegada da Xunta presidiu a Comisión Territorial de Coordinación da Delegación da Coruña
A Xunta aspira a ser un referente na xeración e na loxística industrial da eólica mariña
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, visitou o proxecto Eolmed na localidade francesa de Port-la-Nouvelle
Rueda anuncia a aprobación do Plan director da automoción 2025-2027, que contará cun sistema de control e análise continua do seu impacto no sector
Subliña que a nova folla de ruta “estará dotada de 230 millóns de euros ata 2027” para impulsar un sector “que está a vivir a súa propia revolución industrial”
A Xunta impulsará unha norma de microcredenciais pioneira en España para potenciar a capacitación laboral aliñada coas necesidades do tecido produtivo
Destaca que ante o inmobilismo do Goberno central fronte ás recomendacións europeas neste ámbito, Galicia considera estratéxico blindar un modelo formativo áxil, flexible e non regrado que responda aos requirimentos das empresas
A Xunta lembra que está aberto o prazo de solicitudes para a dinamización e rehabilitación das prazas e mercados
A orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración dotada 3,3M€ oriéntase a ampliar a rede de Mercados Excelentes
A Xunta súmase á conmemoración do Día Mundial dos dereitos dos consumidores con puntos informativos para a cidadanía nas sete grandes cidades
O Instituto Galego do Consumo e da Competencia achegará as ferramentas que a administración autonómica pon ao dispor das persoas para asesorar, acompañar e axudar a restituír os seus dereitos neste ámbito
Lorenzana critica a “xenofobia empresarial” que rexeita “por principio e por capricho” calquera proxecto industrial e enerxético
“Reclamar traballo en Galicia e rexeitar ao mesmo tempo os proxectos enerxéticos é unha flagrante contradición. Máxime nestes tempos nos que a enerxía barata, que durante moito tempo sostivo o desenvolvemento europeo, desaparece”, afirma