Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.868 novas da área temática Áreas temáticas:

17/09/2026 | 11:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta a importancia da prevención dos novos riscos psicosociais para favorecer contornas laborais máis seguras e saudables

A xerente do Issga, Adela Quinzá-Torroja, participou no VIII Simposio Ibérico de Riscos Psicosociais, que reúne hoxe a expertos de España e Portugal para analizar os retos neste ámbito nun contexto de transformación dixital, ecolóxica e demográfica

17/09/2026 | 10:23 | C. de Sanidade

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue principia hoxe a campaña en centros educativos universitarios e non universitarios de toda Galicia

O obxectivo da campaña “Un alento de vida” pasa por superar as 3.641 doazóns acadadas nos centros de ensino non universitario e as 4.605 doazóns en centros universitarios rexistradas no pasado curso académico

16/09/2026 | 19:30 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta impulsa o Trofeo Xacobeo de Baloncesto para promover Galicia como destino de turismo deportivo

O Monbus Obradoiro e o Unicaja Andalucía enfrontaranse este domingo 20 de setembro, ás 12:30 horas, no Multiusos Fontes do Sar

16/09/2026 | 18:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta mantén o dispositivo de vixilancia, control e contención nos tramos fluviais afectados polo vertido de puríns dunha explotación en Tordoia

Ángeles Vázquez informa de que non hai afección para a auga potable de Tordoia, Santiago de Compostela, Trazo e Oroso

16/09/2026 | 17:35 | C. do Medio Rural

Galicia reclama ao Goberno de España medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro e que se teña en conta a realidade de cada territorio

Así o trasladou hoxe a conselleira do Medio Rural na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións

16/09/2026 | 17:32 | C. do Medio Rural

Declarada a situación 2 como medida preventiva no incendio do concello lucense de Quiroga, parroquia de Pacios da Serra

O lume iniciouse ás 15.25 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 320 hectáreas

16/09/2026 | 17:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
16/09/2026 | 17:25 | C. do Medio Rural

Medio Rural reforza a promoción dos viños galegos no Brasil a través de Discovery Galician Wines

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou de xeito telemático nesta iniciativa dirixida a 25 profesionais brasileiros do sector vitivinícola, coa participación de Wine & Spirit Education Trust e da escola EnoCultura de São Paulo

16/09/2026 | 16:58 | C. do Mar

Villaverde reclama ante o ministro unha PPC adaptada á realidade de Galicia e unha maior participación das comunidades autónomas

A conselleira trasladou ao ministro a necesidade dun formato nestes encontros no que teña cabida unha maior participación das comunidades autónomas na preparación da posición española

16/09/2026 | 15:39 | C. do Medio Rural

Medio Rural inviste máis de 670.000 euros na recuperación de zonas afectadas por incendios forestais en Viana do Bolo

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal puxo a disposición dos afectados por estes lumes ata oito liñas de achegas que cobren o 100 % do investimento