A Casa de Galicia en Madrid presenta ‘Una tarde en tus zapatos’, un conto que pretende achegar o autismo á infancia desde a empatía e a inclusión

Madrid, 5 de novembro de 2026

O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presidiu hoxe a presentación de Una tarde en tus zapatos, a segunda publicación do proxecto Lingoreta, que utiliza a literatura infantil como ferramenta para achegar a realidade do trastorno do espectro autista (TEA). O conto propón unha aproximación a esta realidade desde a empatía, a comprensión e o respecto á diversidade, convidando os máis pequenos a poñerse no lugar dos demais, comprender outras formas de sentir, comunicarse e relacionarse, e aprender a convivir coas diferenzas. Unha iniciativa que contribúe a sensibilizar desde a infancia, derrubar prexuízos e fomentar unha sociedade máis inclusiva.

Ramos destacou o compromiso da Xunta de Galicia coa atención á diversidade e coa inclusión das persoas con autismo, e lembrou iniciativas como a elaboración do primeiro Plan galego do autismo e os recursos educativos para mellorar a atención ao alumnado con TEA.

Data de actualización: 05/11/2026