Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.868 novas da área temática Áreas temáticas:

16/09/2026 | 15:37 | Axencia de Turismo de Galicia

Xunta e Grupo Lence suman esforzos para impulsar a promoción e o alcance do Xacobeo 2027

O comisario do Xacobeo 2027 celebrou que unha empresa tan arraigada ao territorio e comprometida cos galegos se sume á celebración do Ano Santo

16/09/2026 | 15:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe sete ofertas para executar as obras da senda na estrada LU-234 ao seu paso pola parroquia de San Martiño de Ombreiro, no concello de Lugo

 A través deste contrato, licitado por máis de 820.000 euros executarase nas marxes desta vía un itinerario de algo máis de 1,2 km de lonxitude entre a Ponte e Riazón, fomentando a mobilidade sustentable e mellorando a seguridade viaria

16/09/2026 | 15:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza as relacións empresariais con México para impulsar novas oportunidades de investimentos

En 2025 as exportacións galegas a este país acadaron os 324 millóns de euros

16/09/2026 | 15:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta fai fincapé na corresponsabilidade para blindar o benestar dixital do alumnado

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa sinala no Parlamento que a Xunta está a acompañar ás familias neste proceso, respectando o seu espazo privado, pero facilitándolle formación e instrumentos como o Contrato de Vida Dixital

16/09/2026 | 15:07 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon o Pazo da Mercé como exemplo práctico da importancia do Catálogo de bens do litoral para darlles unha segunda vida ás edificacións costeiras

Tras sinalar que protección e actividade poden ir da man, Ángeles Vázquez insiste na necesidade de facilitar que bens que forman parte da historia da costa galega poidan seguir vivos e ter usos adaptados á realidade actual e compatibles coa súa protección

16/09/2026 | 15:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un consorcio de empresas galegas innova na xestión dos recursos forestais co apoio da Xunta de Galicia

O proxecto CUBia, no que participan as empresas Asefor, Finsa, Fortop e Geomático está apoiado pola convocatoria Nexos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e cofinanciado con fondos europeos Feder

16/09/2026 | 14:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reivindica a responsabilidade social e o benestar laboral como claves para a competitividade das empresas nos premios RSE Galicia 2026

Os galardóns autonómicos recoñeceron nesta edición a Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, en mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, en gran empresa; e Altia, na de Conciliación

16/09/2026 | 14:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta traballa na adaptación do transporte do CPI Castro Baxoi ao novo horario lectivo do centro

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, explica no Parlamento que os servizos se deseñaron conforme ao horario oficial e que calquera modificación debe coordinarse coa nova organización das clases

16/09/2026 | 14:53 | C. do Mar

Portos de Galicia demolerá as naves en desuso do peirao norte de Celeiro a petición da confraría de pescadores

Natalia Botana anunciou nunha reunión co sector profesional de Viveiro a inclusión desta obra nos próximos orzamentos do ente público para a súa execución en 2027

16/09/2026 | 14:46 | C. de Sanidade