Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.452 novas da área temática Agricultura e gandería:

28/10/2025 | 13:32 | C. do Medio Rural

Medio Rural volve urxir ao Ministerio de Agricultura que defenda ante a UE unha vacina marcada preventiva sobre a dermatose nodular contaxiosa

Reclamouse tamén máis coordinación a nivel estatal e, no caso de detectarse un foco, que se poñen en marcha indemnizacións e que os sacrificios se realicen só en matadoiros e non nas explotacións

27/10/2025 | 19:05 | C. do Medio Rural

A Xunta participa na Feira Gastrónoma Valencia para poñer en valor o sector alimentario galego

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu hoxe a este evento, que definiu como fundamental para abrir os produtos alimentarios galegos a novos mercados e consumidores

27/10/2025 | 16:28 | C. do Medio Rural

Belén do Campo destaca que o Plan Marco e o Plan Camiña Rural supuxeron un investimento de máis de 82.000 euros na mellora de infraestruturas rurais en Dodro

A delegada da Xunta visitou un vial executado para mellorar camiños de acceso a parcelas agrícolas, da anualidade 24-25, con máis de 38.000 euros, e tamén visitou camiños que están en proxecto para executar coa nova intervención, cunha axuda da Xunta de case 44.000 euros, que reciben para a anualidade 25-26

27/10/2025 | 15:34 | C. do Medio Rural

Medio Rural reúnese co sector gandeiro para explicar as novas medidas preventivas fronte á dermatose nodular contaxiosa

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias mantivo unha xuntanza con representantes de ADSG, veterinarios oficiais, organizacións agrarias e asociacións, entre outros, para transmitir toda a información da enfermidade, pedir responsabilidade e facer un chamamento á tranquilidade

25/10/2025 | 15:35 | C. do Medio Rural

Medio Rural amplía o reforzo ante a dermatose nodular contaxiosa e suspende as feiras, concursos e certames de gando para protexer á cabana gandeira

 Prohibirase tamén a entrada na comunidade de animais procedentes de explotacións situadas nas zonas declaradas como restrinxidas á DNC

25/10/2025 | 12:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a ‘XVII Tasca do Liño’ da insua en Vilalba como un evento de referencia na recuperación dos oficios artesanais tradicionais

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia visitou hoxe a edición número 17 desta iniciativa impulsada pola Asociación de mulleres rurais San Bartolomeu de Insua, na que o Goberno autonómico colabora a través de dous obradoiros de estampaxe e tinguido