A Xunta consolidará no 2026 os apoios á transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal

Vigo, 28 de outubro de 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participaron no 1º Congreso do comercio local Vigo Centro, organizado pola Asociación de comerciantes e hostaleiros Vigo Centro baixo o lema Da tradición á innovación. Xuntos en Vigo. Alí puxeron de relevo a importancia de iniciativas como esta en prol do pulo á competitividade do comercio de proximidade, unha cuestión que o Goberno galego continuará potenciando no 2026 a través do Plan de comercio de Galicia 2025-2030.

Nesta folla de ruta enmárcanse os apoios como os destinados á transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal (4 M€) xunto con outras iniciativas xa consolidadas de visibilización e dinamización, como os Bonos Activa Comercio. Gabriel Alén tamén destacou a aposta da Xunta pola colaboración público-privada para favorecer a dinamización do comercio local e a adaptación dos negocios ás novas realidades sociais e tecnolóxicas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/10/2025